mércores, 6 de novembro de 2013

UNHA PINCELADA DE COR!!!


 

Fai falla un toque de cor no noso FACEBOOK.
Propoñémosvos o seguinte:

POÑER UN DEBUXO  FEITO POLOS NOSOS NENOS SEMANALMENTE  NA PORTADA DO FACEBOOK.

¿Qué vos parece a idea? 

INTRUCCIÓNS:

·         O debuxo deberase realizar por calquer Vagalumiño ou exvagalumiño co tema que desexe cada neno, é totalmente libre tanto o tema como o material a utilizar.
 
·         O formato do debuxo, para que colla correctamente na foto de portada do Facebook ten que ser a escala de 30,02x11,11 cm.(aproximadamente a metade dun folio dobrado hourizontalmente). Se ten outro tamaño pode ser que o debuxo teña que ser recortado e non se vexa na súa totalidade.

·         Nunha parte do folio (non é necesario que sexa no debuxo) tedes que escribir o nome e a que clase pertence ou pertenceu o nen@ para unha mellor identificación.

·         Colgaránse os debuxos por orde de chegada: primeiro nun álbum do facebook e do blogue e logo colocarase de portada un a un sempre mantendo ese orden.

·          O método de entrega  pode ser a través de correo-e a anpa.vagalume@gmail.com, a través dunha mensaxe privada ao Facebook do anpa ou entregando o debuxo a calquer membro da anpa. Se o enviades de forma dixital pódese entregar scaneado ou ben mediante unha fotografía e adxuntalo.
  •      No caso de que se entreguen moitos debuxos colocaránse dous semanalmente, para así poder poñer todos o máis cedo posible. Se hai poucos poránse semanalmente e unha vez rematado o ciclo voltaránse a expoñer.


Poñémosvos un exemplo de como nos debería chegar para que vos fagades una idea. Logo xa nos encargamos nós de recortalo. Concretamente esta foto está sacada dende o teléfono, pero pódese scanear tamén.



Bueno, esperamos que vos pareza boa idea e que vos animedes cos cativos, así que VEÑA… A TRABALLAR!!!... Bueno, A DEBUXAR!!!

Saúdos,

A Xunta Directiva

Ningún comentario:

Publicar un comentario