martes, 17 de marzo de 2015

OBRADOIRO DE MAXIA


http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=8361
XUVENTUDE
A oferta xuvenil de Semana Santa amplíase cun obradoiro de maxia para rapaces de 8 a 16 anos

Os rapaces de 8 a 16 anos de Vilagarcía tamén disporán esta Semana Santa dunha actividade lúdica e creativa na que ocupar o tempo libre das vacacións, ao tempo que contribúen a conciliar a vida familiar nas súas casa. Trátase dun obradoiro de maxia que organiza a Concellería de Xuventude co obxecto de facer chegar as actividades socio educativas, de ocio e tempo libre e de concliliación a un novo tramo de idade e chegar tamén a máis familias.
15.03.2015.- Para atender os gustos dos rapaces de 8 a 16 anos, o departamento que dirixe Sandra garcía optou por organizar unha actividade con moito atractivo. Trátase dun obradoiro de maxia que impartirán o Mago Xacobe e Pedro Bugarín, ilusionistas profesionales con ampla traxectoria e especialistas en docencia máxica infantil. Nel os rapaces achegaranse e coñecerán de primeira man sinxelos segredos de maxia que poderán poñer en práctica de inmediato e compartir cos seus amigos e familiares.
Pedro Bugarín é un coñecido mago galego especialista en docencia máxica e en espectáculos familiares. Con tan só 23 anos posúe unha gran experiencia no campo das actividades infantiles e no mundo dos espectáculos de maxia para eventos e celebracións.

O Mago Xacobe é un dos ilusionistas galegos máis recoñecidos gracias ás súas intervencións en programas de televisión como Luar, Supermartes, Pasarela de Estrelas, Tardes con Ana, Pequeno Gran Show ou Desexos Cumpridos.

A actividade organizada por Xuventude impartirase os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril pola mañá, en horario de 10.30 a 13.30 horas no Auditorio Municipal. Disponse de 24 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. A participación é de balde e os interesados deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello do 17 ao 24 de marzo en horario de 8.30 a 14.30 h. e de 17.00 a 20.00 h de luns a venres e os sábados de 10.00 a 13.00 h.

martes, 10 de marzo de 2015

SALON DO LIBRO PONTEVEDRA

Do 27 de febreiro ao 28 de marzo
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa.




LIBRO CATÁLOGO DO SALON


WEB DO SALON

FOTOS DE ENTROIDO 2015

Hola!!!
Deixamos o enlace ás fotos do entroido 2015 feitas polo fotógrafo Lolo. Lembrade que as fotos de primeiro plano dos cativos non saen aquí.
Estamos xuntando o resto das fotos, tede paciencia!!!
Saúdos...


FOTOS ENTROIDO LOLO

CAMPAMENTO URBANO DE SEMANA SANTA EN INGLES

XUVENTUDE
O Campamento Urbano de Semana Santa ensinará inglés aos cativos

A Concellería de Xuventude organiza unha nova actividade para cubrir o tempo de vacacións do público infantil dun xeito divertido e educativo que ademais permita a conciliación das familias. Este é o enfoque que o departamento que dirixe Sandra García lle da a todas as ludotecas que organiza, aínda que de cara á Semana Santa optou por engadir a variante da lingua estranxeira dada a importancia que ten na sociedade actual o manexo doutras linguas e que este resulta moito máis doado cando a aprendizaxe comeza a idades temperás. Por iso, o de Semana Santa será un Campamento Urbano de Inglés, no que cativos de 3 a 7 anos familiarizaranse coa lingua de Shakespeare a través dos xogos e actividades creativas.
27. 02. 2015.- O Campamento Urbano de Inglés de Semana Santa celebrarase os días 30 e 31 de marzo e 1 abril en horario de mañá (de 9 a 14 horas) no Auditorio. A actividade é gratuíta e disponse de 40 prazas a cubrir por rigorosa orde de inscrición entre os solicitantes. O prazo para anotarse vai do 9 ao 21 de marzo. As bases pódense consultar no taboleiros de anuncios da web municipal e o formulario de inscrición tamén se poderá imprimir dende aí.










Fonte: Concello de Vilagarcia
http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=8337