xoves, 22 de decembro de 2016

Xa podedes acceder ao Xornal do Vagalú

Xa está dispoñible no blog o noso Boletín informativo!!!.

Con este boletín vos remitimos información e novidades da ANPA e do centro, ademáis de contidos útiles sobre a crianza e escolarización d@s cativ@s.

Esperamos que vos sexa de utilidade e vos gosten os seus contidos!!!

Se queredes facer algunha suxestión non dubidedes en contactar con nosco

anpa.vagalume@gmail.com



martes, 21 de xuño de 2016

FESTA FIN DE CURSO O MERCORES 22 XUÑO AS 17:00

Dende a directiva do ANPA lembrámosvos que o vindeiro Mércores 22 de Xuño celebraremos a festa de fin de curso a partir das 17:00 no patio da escola. Todo os socios estades convidados e os non socios podedes comprar a entrada, con dereito a merenda, dirixíndovos a calquera membro da Directiva por un prezo de 5 euros.
Non vos olvidedes de traer o bañador e toalla para disfrutar das moitas sorpresas que temos preparadas para todos vos.

Coma todos os anos, convidámosvos a participar no concurso de tartas. As tartas debedes de traelas cando veñades para a festa, e o longo da mesma daremos o fallo do xurado, formado por membros da directiva, profesorado, pais e nais do colexio.

Só nos queda unha cousa por vos dicir ……. BOAS VACACIÓNS A TODOS

venres, 3 de xuño de 2016

INFORMACIÓN DE ACTIVIDADES E OBRADOIROS

Adxuntamosvos información de varios obradoiros e actividades para os nenos que se realizarán nas vindeiras datas na nosa comarca por si vos pode ser de interés. Velaí van:



luns, 16 de maio de 2016

O VAGALUME EN FONTEFRIA

Graciñas por compartir o pasado Domingo día 15 en Fontefría co Anpa do Vagalume. O tempo ó final acompañounos e disfrutamos dun xantar todos xuntos e os peques o pasaron en grande cos xogos das monitoras da A Ludo de Lore e tamen os pais. Velaí tendes algunhas fotos do que deu o día.