luns, 22 de febreiro de 2016

ENTROIDO DE VILAGARCIA DE AROUSA

Onte pasámolo en grande no desfile de entroido de Vilagarcia.
Dende o ANPA queremos agradecervos o esforzo de todos os que participaron, pais, nais, profesoras, colaboradores do ANPA, exvagalumiños e en xeral a todos que alí estiveron.
Disfrutamos moito e esperamos que vos tamén e ademáis o tempo acompañounos.


E ademáis GAÑAMOS O SEGUNDO PREMIO O GRUPO INFANTIL
 

xoves, 18 de febreiro de 2016

DESFILE DE ENTROIDO VILAGARCÍA DE AROUSA

Tras dous aprazamentos, e sempre que a choiva no lo permita, este domingo día 21 de Febreiro participaremos no desfile de entroido que se celebrará en Vilagarcía.
Recordámosvos que o desfile arranca ás 17:00 dende a rúa Alexandre Bóveda. Vémonos alí a partir das 16:00 para irnos organizando.

NON FALTEDES …….

"COLEBORANDO", CHARLAS DE ORIENTACIÓN PARA FAMILIAS E EDUCADORES


Desde a Concellería de Educación queremos informarlles de que esta mañá deixamos nos centros escolares dos vosos fillos/fillas uns carteis acerca dunhas “Charlas de orientación para familias e educadores”, ás que vos queremos invitar e posiblemente dar resposta a algunhas cuestións referentes á educación, máis alá do estritamente académico.

Tal e como reza no cartel, que tamén adxuntamos, serán a vindeira semana na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal:
-       Luns 22 de febreiro ás 20:30: Redes sociais e novas tecnoloxías en xeral.
-       Martes 23 de febreiro ás 20:00: Acoso escolar
-       Mércores 24 de febreiro ás 20:00: Plans de convivencia

Todas as charlas  serán impartidas por profesionais de cada unha das materias.

Pretendemos organizar outras charlas para máis adiante con outros temas diferentes que seguro que tamén serán do voso interese.

Así pois, pregamos a maior difusión e a vosa asistencia.

Para calquera dúbida ou aclaración, poden chamar ao número de teléfono 986099200 extensión 214.

luns, 15 de febreiro de 2016

O DESFILE DO ENTROIDO DE VILAGARCIA CELEBRARASE O DOMINGO 21/02/2016


O desfile concurso de disfraces e carrozas de Vilagarcía celebrarase definitivamente o vindeiro domingo, 21 de febreiro.
Esperámosvos ÁS 16:00, en Alexandre Bóveda O DESFILE ARRANCA ÁS 17:00.

DIFUNDIDE A MENSAXE. Gracias e Saúdos.

http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=8847

sábado, 13 de febreiro de 2016

CARNAVAL DE CUNTIS, O POBOADO ESQUIMÓ LEVA O PRIMEIRO PREMIO

Felicidades a tod@s os valentes que nos acompañaron no desfile de Entroido de Cuntis, grazas a tod@s conseguimos tamén o primeiro premio das comparsas.
Manterémosvos informados dos seguintes desfiles

 FELICIDADES,  NORABOA ÓS VAGALUMIÑOS  E COLABORADORES POR CONSEGUIR ESTE FANTASTICO PREMIO

venres, 12 de febreiro de 2016

DESFILES DE ENTROIDO DE ESTA FIN DE SEMANA



Boa tarde:
Sentimos comunicarvos que QUEDA APRAZADO O DESFILE DE ENTROIDO DE VILAGARCIA DE AROUSA  E  O CONCELLO DE PADRÓN ANULOUNO DEBIDO Á MALA PREVISION METEOROLÓXICA. Seguramente O LUNS  o Concello de Vilagarcía comunique o día no que se celebrará.  
Polo que este SABADO 13/02/2016, participaremos no desfile de Cuntis, xa que o fan nunha carpa cuberta. O desfile sale ás 16:00 pero quedaremos ás15:15-15:30.

Os que queirades acompañarnos seredes benvidos, quedamos xunto o Centro Médico de Cuntis (Lugar do Entroido).

Manterémosvos informados.
DIFUNDIDE A MENSAXE.
Gracias e Saúdos.

 

luns, 8 de febreiro de 2016

DOMINGO (14/02) - NOVA DATA DO DESFILE DE ENTROIDO DE VILAGARCIA




O desfile de Entroido aprázase ao Domingo de Piñata ante a previsión de choiva e fortes ventos
A celebración do desfile concurso de disfraces de Vilagarcía trasládase ao vindeiro domingo, 14 de febreiro, debido a alta probabilidade de choiva existente para a tarde de mañá, Martes de Entroido. O programa do multitudinario evento manterase por completo, coa única variación da data.



Noticia do Concello 

CARNAVAL DE CALDAS DE REIS

Onte pasámolo en grande no desfile de entroido de Caldas de Reis.
Dende o ANPA queremos agradecervos o esforzo de todos os que participaron, pais, nais, profesoras, colaboradores do ANPA, exvagalumiños e en xeral a todos que alí estiveron, inda que nos últimos minutos choveunos un pouco ó final foi xenial e os peques e os non tan peques o disfrutaron moito. 





 
 
E ademáis GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO O GRUPO INFANTIL
e                                           SEGUNDO PREMIO DAS CARROZAS



¡¡¡NORABOA  E GRAZAS A TODOS!!!