sábado, 24 de xaneiro de 2015

ENTROIDO - TRABALLAMOS XUNTOS??

Hola a todos:
Estamos coa preparación das carrozas do entroido. Se queredes podedes vir axudar!!! Estaremos no cole hoxe a partir das 5:30.
Grazas pola vosa colaboración.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

ENTROIDO - REUNIÓN XERAL ANPA

Como cada ano xa estamos a traballar para a participación dos nosos nenos nos desfiles de entroido que se levan a cabo no noso concello e nalgún concello limítrofe (Caldas de Reis e Padrón). Por iso esperámosvos este venres 23 de Xaneiro as 13:30 no salón do colexio para explicarvos a idea na que estamos a traballar e escoitar as vosas suxerencias.
Lembrámosvos que estades a tempo de facervos socios da anpa se ainda non o sodes, poñédevos en contacto con calquera membro da directiva e informarásevos.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

INFORMACION ENTROIDO

Queda pouquiño para o Entroido!!!


Como sempre a Anpa quere participar nos diferentes desfiles que se fan en Vilagarcía e arredores, pero queremos lembrar que o facemos a partir dos temas e traxes elixidos polo profesorado para a festa de entroido na escola, e partindo de ahí, logo escóllense os traxes para as familias que acompañen aos nenos nos desfiles nos que se participen, mírase deseño de carrozas...
Por isto, próximamente terá lugar unha reunión por cada clase en onde as mestras vos explicarán o tema e o disfraz escollido por grupo.
Posteriormente a Anpa realizará outra reunión onde se comentarán os disfraces para os maiores, os nenos exvagalumiños, os desfiles aos que acudiremos...


Estamos xa maquinando deseños, número de carrozas, ... e como sempre, necesitamos mans para traballar.!!!Así que se eres carpinteiro, traballas co aluminio, electricista ou manitas en xeral... e se tes tempo e queres votarnos unha man non o dubides e ponte en contacto con nós o antes posible.


Para traballos de pintado, decorado das carrozas xa vos iremos avisando... estade atentos!!!

venres, 9 de xaneiro de 2015

VIDEO NADAL!!!

Rematou o Nadal pero non sen que antes olledes este fermoso vídeo.
Agradecer de novo a todos os que facedes posible este traballo: profes, patrocinadores e voluntarios.
Hoxe en especial queremos dar as grazas a
Diego Alcaine por estar sempre ahí: no son, nas luces, fotos, vídeos... todo por facer máis felices aos nosos cativos (bueno só por iso e por un café!!!) GRAZAS


http://youtu.be/Hr9UOiHr7ww