sábado, 26 de setembro de 2015

CALENDARIO ACTIVIDADES ANPA 2015-2016


CURSO 2015-2016

Dende a Directiva do ANPA queremos facervos chegar toda a información que na Asamblea do día de onte demos a coñecer:
* Comprácenos informarvos que o ANPA dispón dun blog e
facebook:
www. Anpadovagalume.blogspot.com https://www.facebook.com/anpadovagalume.martinica

Neles colgaranse as fotos dos eventos que se fan ó largo do curso, así coma tódalas circulares que levarán os nenos.
Tamén serve para que nos comentedes ou preguntedes. TODOS AQUELES COMENTARIOS QUE SE POÑAN SERÁN EXAMINADOS POR ALGÚN MEMBRO DO ANPA, polo que si houbese algún comentario despectivo, ofensivo ou fora de contexto, será eliminado.

* Queda aberto o prazo para o pago da cota de socio (22€ que inclúe o seguro escolar) dende hoxe 25 de Outubro ata o 14 de Novembro (ambos inclusive). O pago realizarase:
CAIXA RURAL GALEGA (Plaza de España, 8 – Bajo, 36600 Vilagarcía de Arousa)
Nº conta: ES15 3070 0038 66 6137571912

* As actividades Extraescolares darán comezo o luns 5 de Outubro . Poderán participar nestas actividades os socios e os non socios, estes últimos sempre previo pago do Seguro Escolar (6 €/ano). En caso de non se formar un grupo mínimo de alumnos por actividade, esta será suprimida. No caso de querer participar no Plan Madruga a partires do día 1 de Outubro ou nunha actividade extraescolar a partires do 5 de Outubro deberán ter abonado a cota de socio ou no seu caso o importe do seguro escolar anteriormente mencionado antes do día.
* Axuntamos a folla de alta de socio do ANPA que É OBRIGATORIO e INDISPENSABLE devolver a calquera membro da Directiva xunto co resgardo do ingreso. Tamén axuntamos a folla de inscrición nas actividades que tamén deberedes devolver cuberta á maior brevidade posible para poder organizar as actividades e os grupos, no caso de ser necesario.

Quedamos á vosa para calquera dubida o cuestión que queirades plantexarnos,
Un saúdo
A Directiva do ANPA da EEI VAGALUME

xoves, 24 de setembro de 2015

PLAN MADRUGA Curso 2015-2016

Benvidos ó novo curso 2015-16!!
Dende a directiva do ANPA da EII Vagalume informámoslles que, una vez rematado o tempo de adaptación dos nenos/as, a partires do próximo 1 de Outubro poderán poder facer uso do “PLAN MADRUGA” previo pago do Seguro Escolar (6 €) antes do día 30 de Setembro. Para máis información dirixirse a calquera membro da directiva do ANPA;
Horario: 8.00 – 9.15 Prezo: 20 € (con irmán 30 €)
Días soltos (máximo 5 días/mes):: 2 € (a pagar no momento).
PROFESORA: Fátima Rodríguez


RECORDATORIO CONVOCATORIA PADRES

Lembrámosvos que  Xoves 24 DE SETEMBRO, celebrarase no salón de actos do colexio ás 19:15 horas (primeira convocatoria) e 19:30 horas (segunda convocatoria) a Asamblea Ordinaria.
Pregase asistencia a todos aqueles que lles sexa posible.

luns, 14 de setembro de 2015

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA



A Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as  (A.N.P.A.) desta escola (E.E.I. Vagalume) convoca a tódolos país/nais de nenos-as do centro á asamblea que, con carácter  ordinario, se celebrará o  xoves día 24 de Septembro ás 19:15 horas (primeira convocatoria) – 19.30 horas (segunda convocatoria) no salón de actos do centro, coa seguinte orde do día:
*Estado de contas
*Repaso actividades do ANPA ano pasado.
*Presentación das  candidaturas para a formación do ANPA.
*Presentación das actividades extraescolares para o ano 2015-16

14 de Septembro de 2015, Vilagarcía de Arousa.

xoves, 3 de setembro de 2015

HOLA DE NOVO!!!

Hola Vagalumiñ@s queda moi pouquiño para a volta ao cole e dende a ANPA queremos desexarvos un bo comezo de curso. Ademais, informamos que O PLAN MADRUGA COMEZARÁ O DÍA 10 para os alumnos de 4 e 5 anos (os nenos e nenas de 3 anos terán que pasar o período de adaptación para comezar esta actividade).
Vemonos nuns días. Disfrutade o que queda de vacacións!!!
Biquiños


A ANPA