sábado, 26 de setembro de 2015

CURSO 2015-2016

Dende a Directiva do ANPA queremos facervos chegar toda a información que na Asamblea do día de onte demos a coñecer:
* Comprácenos informarvos que o ANPA dispón dun blog e
facebook:
www. Anpadovagalume.blogspot.com https://www.facebook.com/anpadovagalume.martinica

Neles colgaranse as fotos dos eventos que se fan ó largo do curso, así coma tódalas circulares que levarán os nenos.
Tamén serve para que nos comentedes ou preguntedes. TODOS AQUELES COMENTARIOS QUE SE POÑAN SERÁN EXAMINADOS POR ALGÚN MEMBRO DO ANPA, polo que si houbese algún comentario despectivo, ofensivo ou fora de contexto, será eliminado.

* Queda aberto o prazo para o pago da cota de socio (22€ que inclúe o seguro escolar) dende hoxe 25 de Outubro ata o 14 de Novembro (ambos inclusive). O pago realizarase:
CAIXA RURAL GALEGA (Plaza de España, 8 – Bajo, 36600 Vilagarcía de Arousa)
Nº conta: ES15 3070 0038 66 6137571912

* As actividades Extraescolares darán comezo o luns 5 de Outubro . Poderán participar nestas actividades os socios e os non socios, estes últimos sempre previo pago do Seguro Escolar (6 €/ano). En caso de non se formar un grupo mínimo de alumnos por actividade, esta será suprimida. No caso de querer participar no Plan Madruga a partires do día 1 de Outubro ou nunha actividade extraescolar a partires do 5 de Outubro deberán ter abonado a cota de socio ou no seu caso o importe do seguro escolar anteriormente mencionado antes do día.
* Axuntamos a folla de alta de socio do ANPA que É OBRIGATORIO e INDISPENSABLE devolver a calquera membro da Directiva xunto co resgardo do ingreso. Tamén axuntamos a folla de inscrición nas actividades que tamén deberedes devolver cuberta á maior brevidade posible para poder organizar as actividades e os grupos, no caso de ser necesario.

Quedamos á vosa para calquera dubida o cuestión que queirades plantexarnos,
Un saúdo
A Directiva do ANPA da EEI VAGALUME

Ningún comentario:

Publicar un comentario