luns, 29 de novembro de 2021

SE SUPENDEN LAS CLASES EXTRAESCOLARES

 Suspendemos las actividades extraescolares por obras, festividades y vacaciones apartir del dia 1 de diciembre salvo futbol que seguira hasta el dia 15 de diciembre  y por el cual cobraran medio mes, se reanudaran las actividades con las clases el dia 10 de enero

martes, 23 de novembro de 2021

25N violencia de xenero

 #Na violencia machista, hai agresións que non se ven.

O Estudio do 2020 da violencia de xénero na adolescencia en España, conclúe que as violencias exercidas en rapazas adolescentes son principalmente psicolóxicas ou de control, seguidas pola violencia sexual. A violencia física é a menos habitual e isto fai que as violencias machistas sexan máis difíciles de percibir.

O barómetro xuventude e xénero do 2021, pon de manifesto que un 20% dos rapaces, fronte a un 9,3% de rapazas, considera que a violencia machista non existe e que é un invento ideolóxico.

Na mesma enquisa, un 24% dos mozos considera inevitable ou aceptable controlar os horarios da parella, evitar que vexa á súa familia ou amizades, ou incluso dicirlle que pode ou non pode facer.

 
 
Envíovos o enlace ao segundo vídeo da campaña contra as violencias machistas: as violencias machistas na adolescencia, por Ana Ponte Veloso
 
 
 
Un saúdo e bo día

Obradoiro PorNo(n) educar , area de igualdade

 Hai un obradoiro online organizado dende a Área de igualade, dirixido ás familias: chamado PorNo(n) educar, que terá lugar o mércores 1 de decembro de 17,30h a 20,30h. 

O prazo de inscripción remata o martes día 30 de novembro.

ANIMÁDEVOS ESTÁ MOI INTERESANTE!!


ENLACE A INSCRIPCION E INFORMACION

xoves, 4 de novembro de 2021

VIDEO DO SAMAÍN 2021 (PORTA DECORADA)

 Agradecemos a todos os nenos e nenas e aos seus pais e nais, a participación nesta actividade do SAMAÍN da anpa Vagalume, agardamos que este vídeo sexa do voso agrado.