martes, 23 de novembro de 2021

25N violencia de xenero

 #Na violencia machista, hai agresións que non se ven.

O Estudio do 2020 da violencia de xénero na adolescencia en España, conclúe que as violencias exercidas en rapazas adolescentes son principalmente psicolóxicas ou de control, seguidas pola violencia sexual. A violencia física é a menos habitual e isto fai que as violencias machistas sexan máis difíciles de percibir.

O barómetro xuventude e xénero do 2021, pon de manifesto que un 20% dos rapaces, fronte a un 9,3% de rapazas, considera que a violencia machista non existe e que é un invento ideolóxico.

Na mesma enquisa, un 24% dos mozos considera inevitable ou aceptable controlar os horarios da parella, evitar que vexa á súa familia ou amizades, ou incluso dicirlle que pode ou non pode facer.

 
 
Envíovos o enlace ao segundo vídeo da campaña contra as violencias machistas: as violencias machistas na adolescencia, por Ana Ponte Veloso
 
 
 
Un saúdo e bo día

Ningún comentario:

Publicar un comentario