xoves, 7 de xaneiro de 2016

ENTROIDO - REUNIÓN ANPA





Outro ano mais no que se acerca o Entroido e nós xa estamos a traballar para a participación dos nosos nenos nos desfiles que se levan a cabo no noso concello e nalgún concello limítrofe (Caldas de Reis e Padrón).



Por iso esperámosvos este VENRES 8 de Xaneiro as 13:00 h no salón do colexio para explicarvos a idea na que estamos a traballar e escoitar as vosas suxerencias.

Lembrámosvos que os que inda non sodes socios do Anpa, estades a tempo, poñédevos en contacto con calquera membro da Directiva.