sábado, 20 de decembro de 2014

RIFAS PREMIADAS



Bueno xa rematou a festa.
Esperamos que os peques disfrutaran e que, en xeral, gustara.
Deixamos os números premiados no sorteo a ver se tocou algo:

698 Televisión
643 Circuito Spa
797 Musgo
966 Perruquería
763 Bono salón belleza
784 Bono salón belleza
677 Vino

Poñédevos en contacto connosco se tedes algún dos números premiados.

Desexamos que pasedes un Bo Nadal!!!

Vémonos á volta!!!

venres, 12 de decembro de 2014

"KILO SOLIDARIO"

NOVA CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS
 “CARITAS DE AROUSA”

Estimados Pais/Nais:
O grupo de Cáritas de Arousa dirixiuse á nosa asociación solicitando colaboración na “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS” deste ano, pois a demanda de axuda para as familias máis necesitadas aumentou moito con respecto a anos anteriores.
É por isto que pedímola vosa colaboración para esta campaña coñecida como “KILO SOLIDARIO”, que consiste na recollida de alimentos envasados, que se levará a cabo dende o día 15 ó 19 de Decembro.
Para una boa recollida establecemos a seguinte orde de entrega de produtos.


Lúns 15 Decembro: FABAS, GARBANZOS, PASTA, FARIÑA.

Martes 16 Decembro: ACEITE,  CONSERVA (Atún no), TOMATE FRITO

Mércores 17 de Decembro: AZUCAR, CAFÉ MOIDO, COLACAO

Xoves 18 de Decembro: PRODUCTOS DE HIXENE PERSONAL OU                   DE LIMPEZA DO FOGAR

Venres 19 Decembro: DOCES DE NAVIDADE, GALLETAS.



Agradecemos a vosa colaboración de antemán e confiamos na vosa solidariedade.