venres, 12 de decembro de 2014

"KILO SOLIDARIO"

NOVA CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS
 “CARITAS DE AROUSA”

Estimados Pais/Nais:
O grupo de Cáritas de Arousa dirixiuse á nosa asociación solicitando colaboración na “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS” deste ano, pois a demanda de axuda para as familias máis necesitadas aumentou moito con respecto a anos anteriores.
É por isto que pedímola vosa colaboración para esta campaña coñecida como “KILO SOLIDARIO”, que consiste na recollida de alimentos envasados, que se levará a cabo dende o día 15 ó 19 de Decembro.
Para una boa recollida establecemos a seguinte orde de entrega de produtos.


Lúns 15 Decembro: FABAS, GARBANZOS, PASTA, FARIÑA.

Martes 16 Decembro: ACEITE,  CONSERVA (Atún no), TOMATE FRITO

Mércores 17 de Decembro: AZUCAR, CAFÉ MOIDO, COLACAO

Xoves 18 de Decembro: PRODUCTOS DE HIXENE PERSONAL OU                   DE LIMPEZA DO FOGAR

Venres 19 Decembro: DOCES DE NAVIDADE, GALLETAS.



Agradecemos a vosa colaboración de antemán e confiamos na vosa solidariedade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario