sábado, 19 de decembro de 2015

FELIZ NADAL 2015 DENDE O ANPA DO VAGALUME

Velaí van as nosas felicitación para toda a comunidade de Vagalumiños e para os seus achegados. Unha grande aperta a tódos

RIFAS PREMIADAS

Rematada a festa do Nadal só nos queda felicitarvos as festas e a entrada do novo ano.
Esperamos que os peques disfrutaran e que, en xeral, gustara.

Deixamos os números premiados no sorteo a ver se tocou algo:


201 Bono Spa Lalín
936 Bono Spa O Grove
069 Lote Viño Maior de Mendoza
240 Lote Cosmética Farmacéutica
366 Ruta Barco Cortegada
502 Ruta Kayak
750 Vale de 50€ en ropa y complementos en RubeNeira
673 Bono Peluquería Lavar Peinar y Maquillar
765 Bono Peluquería Lavar y Peinar
160 Spa Urban Arrullos del  Agua 
798 Asesoría de Color para 2 personas 
327 Tocado y Cinturón personalizado


Poñédevos en contacto connosco se tedes algún dos números premiados.

Desexamos que pasedes un Bo Nadal!!!

Vémonos á volta!!!

xoves, 17 de decembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ!!




Por fin chegou, o día 18 de Decembro a partires das 17.00, gran festa de Nadal, no pavillón pequeno do colexio Arealonga. Son moitas as sorpresas que vos agardan, non faltedes.
Todos aqueles que aínda non sexades socios, avisade a algún membro da ANPA, indicarémosvos como podedes facer para asistir á festa. (Prezo da entrada para os NON socios: 5 €, con dereito a merenda).
Se queredes colaborar podedes traer biscoitos, galletas, madalenas,... que todos xuntos degustaremos ao longo da tarde.
Lembrade que durante a festa celebrarase o sorteo para entregar os agasallos das nosas rifas.
SORTE PARA TODOS E ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DA FESTA TANTO COMA NÓS PREPARÁNDOA!!
BO NADAL!!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS “CARITAS DE AROUSA”

Dende o Anpa queremos darvos as grazas pola boa acollida da campaña de recollida de alimentos e pola desinteresada colaboración que estades prestando a xente mais necesitada nestas datas sinaladas.

luns, 14 de decembro de 2015

NOVA CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS “CARITAS DE AROUSA”


Estimados Pais/Nais:

Outro ano máis participamos na “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS”. A demanda de axuda para as familias máis necesitadas aumentou moito con respecto a anos anteriores.

É por isto que pedímola vosa colaboración para esta campaña coñecida como “KILO SOLIDARIO”, que consiste na recollida de alimentos envasados e que se levará a cabo dende o día 14 ata 18 de Decembro no noso cole.

Para una boa recollida establecemos a seguinte orde de entrega de produtos:

Lúns 14 Decembro: FABAS, GARBANZOS, PASTA ou FARIÑA. 

Martes 15 Decembro: ACEITE, CONSERVA (Atún no) ou TOMATE FRITO 

Mércores 16 de Decembro: AZUCAR, CAFÉ MOIDO ou COLACAO 

Xoves 17 de Decembro: PRODUTOS DE HIXENE PERSOAL ou DE LIMPEZA DO FOGAR 

Venres 18 Decembro: DOCES DE NADAL ou GALLETAS. 

Agradecemos a vosa colaboración de antemán e confiamos na vosa solidariedade.

mércores, 2 de decembro de 2015

XA CHEGA O NADAL!!!


Xa chega o Nadal e coma tódolos anos na ANPA querémolo celebrar cunha festa con moitas sorpresas, agasallos e actuacións.
Para levar a cabo todo isto, e como en anos anteriores, estamos a vender as seguintes rifas:
 

Podedes comprar as rifas a calquera membro da xunta directiva polo donativo de 1 euro/rifa.
Todos aqueles nenos/as que non sexan socios da anpa poderán asistir á festa comprando a entrada (5 euros) ou falar con calquera membro da xunta directiva en caso de querer facerse asociado.