xoves, 17 de decembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ!!




Por fin chegou, o día 18 de Decembro a partires das 17.00, gran festa de Nadal, no pavillón pequeno do colexio Arealonga. Son moitas as sorpresas que vos agardan, non faltedes.
Todos aqueles que aínda non sexades socios, avisade a algún membro da ANPA, indicarémosvos como podedes facer para asistir á festa. (Prezo da entrada para os NON socios: 5 €, con dereito a merenda).
Se queredes colaborar podedes traer biscoitos, galletas, madalenas,... que todos xuntos degustaremos ao longo da tarde.
Lembrade que durante a festa celebrarase o sorteo para entregar os agasallos das nosas rifas.
SORTE PARA TODOS E ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DA FESTA TANTO COMA NÓS PREPARÁNDOA!!
BO NADAL!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario