luns, 14 de decembro de 2015

NOVA CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS “CARITAS DE AROUSA”


Estimados Pais/Nais:

Outro ano máis participamos na “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS”. A demanda de axuda para as familias máis necesitadas aumentou moito con respecto a anos anteriores.

É por isto que pedímola vosa colaboración para esta campaña coñecida como “KILO SOLIDARIO”, que consiste na recollida de alimentos envasados e que se levará a cabo dende o día 14 ata 18 de Decembro no noso cole.

Para una boa recollida establecemos a seguinte orde de entrega de produtos:

Lúns 14 Decembro: FABAS, GARBANZOS, PASTA ou FARIÑA. 

Martes 15 Decembro: ACEITE, CONSERVA (Atún no) ou TOMATE FRITO 

Mércores 16 de Decembro: AZUCAR, CAFÉ MOIDO ou COLACAO 

Xoves 17 de Decembro: PRODUTOS DE HIXENE PERSOAL ou DE LIMPEZA DO FOGAR 

Venres 18 Decembro: DOCES DE NADAL ou GALLETAS. 

Agradecemos a vosa colaboración de antemán e confiamos na vosa solidariedade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario