sábado, 19 de decembro de 2015

FELIZ NADAL 2015 DENDE O ANPA DO VAGALUME

Velaí van as nosas felicitación para toda a comunidade de Vagalumiños e para os seus achegados. Unha grande aperta a tódos

RIFAS PREMIADAS

Rematada a festa do Nadal só nos queda felicitarvos as festas e a entrada do novo ano.
Esperamos que os peques disfrutaran e que, en xeral, gustara.

Deixamos os números premiados no sorteo a ver se tocou algo:


201 Bono Spa Lalín
936 Bono Spa O Grove
069 Lote Viño Maior de Mendoza
240 Lote Cosmética Farmacéutica
366 Ruta Barco Cortegada
502 Ruta Kayak
750 Vale de 50€ en ropa y complementos en RubeNeira
673 Bono Peluquería Lavar Peinar y Maquillar
765 Bono Peluquería Lavar y Peinar
160 Spa Urban Arrullos del  Agua 
798 Asesoría de Color para 2 personas 
327 Tocado y Cinturón personalizado


Poñédevos en contacto connosco se tedes algún dos números premiados.

Desexamos que pasedes un Bo Nadal!!!

Vémonos á volta!!!

xoves, 17 de decembro de 2015

XA ESTÁ AQUÍ!!




Por fin chegou, o día 18 de Decembro a partires das 17.00, gran festa de Nadal, no pavillón pequeno do colexio Arealonga. Son moitas as sorpresas que vos agardan, non faltedes.
Todos aqueles que aínda non sexades socios, avisade a algún membro da ANPA, indicarémosvos como podedes facer para asistir á festa. (Prezo da entrada para os NON socios: 5 €, con dereito a merenda).
Se queredes colaborar podedes traer biscoitos, galletas, madalenas,... que todos xuntos degustaremos ao longo da tarde.
Lembrade que durante a festa celebrarase o sorteo para entregar os agasallos das nosas rifas.
SORTE PARA TODOS E ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DA FESTA TANTO COMA NÓS PREPARÁNDOA!!
BO NADAL!!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS “CARITAS DE AROUSA”

Dende o Anpa queremos darvos as grazas pola boa acollida da campaña de recollida de alimentos e pola desinteresada colaboración que estades prestando a xente mais necesitada nestas datas sinaladas.

luns, 14 de decembro de 2015

NOVA CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS “CARITAS DE AROUSA”


Estimados Pais/Nais:

Outro ano máis participamos na “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS”. A demanda de axuda para as familias máis necesitadas aumentou moito con respecto a anos anteriores.

É por isto que pedímola vosa colaboración para esta campaña coñecida como “KILO SOLIDARIO”, que consiste na recollida de alimentos envasados e que se levará a cabo dende o día 14 ata 18 de Decembro no noso cole.

Para una boa recollida establecemos a seguinte orde de entrega de produtos:

Lúns 14 Decembro: FABAS, GARBANZOS, PASTA ou FARIÑA. 

Martes 15 Decembro: ACEITE, CONSERVA (Atún no) ou TOMATE FRITO 

Mércores 16 de Decembro: AZUCAR, CAFÉ MOIDO ou COLACAO 

Xoves 17 de Decembro: PRODUTOS DE HIXENE PERSOAL ou DE LIMPEZA DO FOGAR 

Venres 18 Decembro: DOCES DE NADAL ou GALLETAS. 

Agradecemos a vosa colaboración de antemán e confiamos na vosa solidariedade.

mércores, 2 de decembro de 2015

XA CHEGA O NADAL!!!


Xa chega o Nadal e coma tódolos anos na ANPA querémolo celebrar cunha festa con moitas sorpresas, agasallos e actuacións.
Para levar a cabo todo isto, e como en anos anteriores, estamos a vender as seguintes rifas:
 

Podedes comprar as rifas a calquera membro da xunta directiva polo donativo de 1 euro/rifa.
Todos aqueles nenos/as que non sexan socios da anpa poderán asistir á festa comprando a entrada (5 euros) ou falar con calquera membro da xunta directiva en caso de querer facerse asociado.  
 



martes, 24 de novembro de 2015

CARNÉS DE SOCIO - DESCONTOS

Cartel das tendas colaboradoras

Os carnés entregáronse hoxe a cada socio. Gardádeo xa que vos sirve para a entrada ás festas que faga a ANPA pero tamén ten outra utilidade moi importante. Presentando este carné nos establecementos que vos indicamos a continuación obteredes descontos ou agasallos:
MODA:
15%       Mo-Bu
              Orza Náutica

10%      Alternative
             Madison 10
             Titos – Ventos
             Mimode
             Monigotes
             +Sport
             Nais
             RubéNeira


CALZADO:
10%      D´Pe
            
VARIOS:
15% asbolboretas.com
10% Joyería Rapariz
         Librería Pampín
         Cespón Artes
         Strike (Cumples)
        Babies Box
         Meganova (En  mochilas y  campañas   promocionales)
          Mas Ke Uñas
          Tocados Protier


D´festa: Ludo toda la tarde por una hora. En cumpleaños regalo para el cumpleañero.

Centróptica: Revisión gratuita y a elegir 20% o 2ª gafa gratis.


Recordade que:
* O carné ten validez durante o curso escolar salvo que o establecemento decida admitilo durante todo o ano.
* Os descontos non son acumulables a outras ofertas propias do establecemento.
* Non é valido en época de rebaixas.

So queda dar as grazas a todos os colaboradores por nos ofrecer estos descontos!!!



mércores, 11 de novembro de 2015

ESGOTASE O PRAZO PARA FACERSE SOCIO DO ANPA



Lembrámosvos que o próximo 14 de Novembro remata o prazo para facerse socio do ANPA.
!! NON VOS ESQUEZADES !!

venres, 30 de outubro de 2015

SAMAIN 2015

Aquí tedes a fotos das cabazas máis monstruosas dos nosos Vagalumiños.... 

 ALBUM CABAZAS SAMAIN 2015


Hoxe celebramos o Samaín,
que noutros sitios se chama Halloween....
tumba por alíiiiii, tumba por aláaaaa,
tuuuummmbaaaa, tuuuummmbaaaa,
ja ja ja ja jaaaaaaaaaaaaaaaaaa



Tamén os deixamos o enlace da canción "Knock Knock, Trick Or Treat?" a que cantaron no patio e xa vos queda de banda sonora mentres ollades as fotos.


Feliz Samain 2015

mércores, 21 de outubro de 2015

luns, 5 de outubro de 2015

INICIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Recordámosvos!!
A partires do día de hoxe luns día 5 de Outubro dan comezo as Actividades Extraescolares. É necesario ser socio da ANPA ou pagar o Seguro Escolar para poder participar nas mesmas.
En caso de non se formar un grupo mínimo de alumnos por actividade, esta será suprimida.
ANIMADEVOS

sábado, 26 de setembro de 2015

CALENDARIO ACTIVIDADES ANPA 2015-2016


CURSO 2015-2016

Dende a Directiva do ANPA queremos facervos chegar toda a información que na Asamblea do día de onte demos a coñecer:
* Comprácenos informarvos que o ANPA dispón dun blog e
facebook:
www. Anpadovagalume.blogspot.com https://www.facebook.com/anpadovagalume.martinica

Neles colgaranse as fotos dos eventos que se fan ó largo do curso, así coma tódalas circulares que levarán os nenos.
Tamén serve para que nos comentedes ou preguntedes. TODOS AQUELES COMENTARIOS QUE SE POÑAN SERÁN EXAMINADOS POR ALGÚN MEMBRO DO ANPA, polo que si houbese algún comentario despectivo, ofensivo ou fora de contexto, será eliminado.

* Queda aberto o prazo para o pago da cota de socio (22€ que inclúe o seguro escolar) dende hoxe 25 de Outubro ata o 14 de Novembro (ambos inclusive). O pago realizarase:
CAIXA RURAL GALEGA (Plaza de España, 8 – Bajo, 36600 Vilagarcía de Arousa)
Nº conta: ES15 3070 0038 66 6137571912

* As actividades Extraescolares darán comezo o luns 5 de Outubro . Poderán participar nestas actividades os socios e os non socios, estes últimos sempre previo pago do Seguro Escolar (6 €/ano). En caso de non se formar un grupo mínimo de alumnos por actividade, esta será suprimida. No caso de querer participar no Plan Madruga a partires do día 1 de Outubro ou nunha actividade extraescolar a partires do 5 de Outubro deberán ter abonado a cota de socio ou no seu caso o importe do seguro escolar anteriormente mencionado antes do día.
* Axuntamos a folla de alta de socio do ANPA que É OBRIGATORIO e INDISPENSABLE devolver a calquera membro da Directiva xunto co resgardo do ingreso. Tamén axuntamos a folla de inscrición nas actividades que tamén deberedes devolver cuberta á maior brevidade posible para poder organizar as actividades e os grupos, no caso de ser necesario.

Quedamos á vosa para calquera dubida o cuestión que queirades plantexarnos,
Un saúdo
A Directiva do ANPA da EEI VAGALUME

xoves, 24 de setembro de 2015

PLAN MADRUGA Curso 2015-2016

Benvidos ó novo curso 2015-16!!
Dende a directiva do ANPA da EII Vagalume informámoslles que, una vez rematado o tempo de adaptación dos nenos/as, a partires do próximo 1 de Outubro poderán poder facer uso do “PLAN MADRUGA” previo pago do Seguro Escolar (6 €) antes do día 30 de Setembro. Para máis información dirixirse a calquera membro da directiva do ANPA;
Horario: 8.00 – 9.15 Prezo: 20 € (con irmán 30 €)
Días soltos (máximo 5 días/mes):: 2 € (a pagar no momento).
PROFESORA: Fátima Rodríguez


RECORDATORIO CONVOCATORIA PADRES

Lembrámosvos que  Xoves 24 DE SETEMBRO, celebrarase no salón de actos do colexio ás 19:15 horas (primeira convocatoria) e 19:30 horas (segunda convocatoria) a Asamblea Ordinaria.
Pregase asistencia a todos aqueles que lles sexa posible.

luns, 14 de setembro de 2015

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA



A Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as  (A.N.P.A.) desta escola (E.E.I. Vagalume) convoca a tódolos país/nais de nenos-as do centro á asamblea que, con carácter  ordinario, se celebrará o  xoves día 24 de Septembro ás 19:15 horas (primeira convocatoria) – 19.30 horas (segunda convocatoria) no salón de actos do centro, coa seguinte orde do día:
*Estado de contas
*Repaso actividades do ANPA ano pasado.
*Presentación das  candidaturas para a formación do ANPA.
*Presentación das actividades extraescolares para o ano 2015-16

14 de Septembro de 2015, Vilagarcía de Arousa.