xoves, 26 de febreiro de 2015

VIDEO ENTROIDO 2015 - PADRON

Boas noites... imos subindo xa cousiñas do entroido. Nesta ocasión un vídeo que nos pasa Diego Alcaine. Unha chulada "coma sempre"!!! Grazas Diego.


https://www.youtube.com/watch?v=h0fIzaed4yQ

martes, 24 de febreiro de 2015

SEGUIMENTO POR CORREO-E

Bos días:
Se non vos queredes perder ningunha entrada das publicadas no blog. Na parte superior dereita do mesmo tedes a posibilidade de introducir o voso correo-e e así se vos enviará un aviso cada vez que haxa unha nova entrada.
Grazas!!!

FOTOS!!!!

Aquí vos deixamos os enlaces ás fotos deste Entroido....




Continúa...




Continúa...




Continúa...




Hola a todos, este non é o enlace pero tivemos que poñer algo que chamara a vosa atención para que ollarades a entrada (alo menos os do Facebook).
Este ano non imos facer públicas a totalidade das fotos xa que moitas delas son primeiros planos de nenos, e hai persoas que non queren que se vexan. Pouco a pouco iremos subindo fotos (vainos levar máis tempo xa que temos que ir ollando unha a unha se se poden ou non se poden subir.
Agradecemola vosa paciencia!!!


De todos modos, para os que teñades Facebook, decirvos que hai un grupo cerrado chamado "VAGALUME, comunidad educativa" onde están subidas as fotos. Se non sodes membros pedide a inclusión no grupo. So se permitirá o acceso aos integrantes da comunidade educativa.


Grazas!!!

luns, 23 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

Grazas pola vosa participación nos desfiles de entroido e pola vosa implicación!!! Ainda que os desfiles rematasen nós ainda estamos rematando de desmontar remolques, devolver altavoces, limpiar, ordenar...
Estamos xuntando tamén fotos e vídeos para que todos as podades disfrutar, nuns días esperamos poñervos ao día!!!

Premios logrados:

CALDAS
Primeiro premio infantil
Primeiro premio carroza

VILAGARCIA
Primeiro premio infantil

PADRÓN
Terceiro premio premio grupos máis de vinte participantes


sábado, 14 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

Con motivo da participación nos desfiles de entroido mañán sábado 14 de Febreiro a partires das 17:30 xuntarémonos no colexio para o ensaio das coreografías e interactuación dos diferentes personaxes. Esperámosvos!!!!