martes, 10 de xuño de 2014

LUDOTECA VERÁN COLEXIO RUBIANS

Adxuntamos información sobre a ludoteca que se vai facer no colexio de Rubians por se é do voso interese.




LUDOTECA CARRIL

Aquí tedes a información relativa á Ludoteca de verán do colexio de Carril. Esperamos que vos sexa de axuda.







luns, 9 de xuño de 2014

LUDOTECA ANEXO A LOMBA

Deixamos o enlace da ludoteca que ofrecen no Anexo da Lomba por se vos interesa.

http://anpaanexoalomba.wordpress.com/xogotecas/

LUDOTECA ESCARDIA


Deixamos información sobre a ludoteca de verán da Escardia por se vos interesa 

NOITE MÁXICA - 5 ANOS


INFORMACION PARA A
NOITE MÁXICA

CHEGADA: VÉNRES  13 DE XUÑO 19.00-19.30 
DISFRAZADOS. Temática “GREASE”- ANOS 50

MATERIAL NECESARIO: Saco de dormir, coxín, linterna, pixama, calcetíns, cepillo e pasta dentes, peine, chándal e una muda (braga o calzoncillo) por se acaso.

TODO O MATERIAL TEN QUE VIR CO NOME.

AVISADE POR SE O NENO TEN ALGO PARTICULAR, (medicación, escapes pola noite, pañal, sonámbulo….)

CEA: cada neno traerá nun tupper a súa cea.

HORA DE RECOLLIDA: SÁBADO 14 DE XUÑO ÁS 11.00

É importante que traiades a autorización firmada. Gracias!!

--------------------------------------------------------------------------------------------

D. ………………………………………………………………………………………………….............................
 autorizo o meu fillo ……………………………………………………………………..............................

a durmir no colexio a noite do día 13 de Xuño.

Fdo.:


-----------------------------------------------------------------------------------------------

luns, 2 de xuño de 2014

COCIÑANDO EN IGUALDADE - INFORMACIÓN CONCELLO


A Área de Igualdade do Concello volve a ofertar este verán os obradoiros infantís “Eu tamén sei cociñar”. Cincuenta nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2008 poderán participar na actividade que ten como obxectivo promover a igualdadade a corresponsabilidade entre homes e mulleres e que tamén se organiza a modo de alternativa para a conciliación das familias durante as vacacións escolares. Os obradoiros impartiranse en cinco centros socioculturais do rural e a participación é gratuíta. O prazo de inscrición ábrese o xoves, 5 de xuño.
30. 05. 2014.- O obradoiro de cociña e tarefas do fogar é unha actividade que a Área de Igualdade ven realizando durante os últimos anos na época estival e que pretende revalorizar entre os nenos e nenas a importancia dos saberes que tradicionalmente lles foron asignados ás mulleres, para romper cos estereotipos sexistas no entorno da infancia e potenciar unha autonomía persoal que favoreza a corresponsabilidade dentro do fogar.

Desenvolverase entre o 1 de agosto e o 5 de setembro en centros culturais que dispoñen de cociña, un día por semana en cada un deles. Deste xeito, os luns, será no centro cultural de Bamio, os martes no de Cornazo, o mércores en Trabanca Sardiñeira , os xoves en Trabanca Badiña e os venres no Centro Cultural de San Roque. Os interesados deberán elixir centro no momento de realizar a inscrición.

As sesións impartiranse polas mañás, de 9.30 a 13.30 horas, aínda que para favorecer a conciliación das familias, poderase flexibilizar o horario, permitíndose a entrada ata as 10 horas e a saída a partir das 13 horas.

As inscricións poderanse realizar dende o 5 ao 20 de xuño nas dependencias da Área de Igualdade, onde se poderá recoller a folla de solicitude e consultar as bases de participación.

A actividade enmárcase dentro do II Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía, por unha parte na área de Calidade de vida, materializando o seu obxectivo 3 : “Visibilizar a sobrecarga de traballo que soportan as mulleres derivada da dobre xornada así como as súas consecuencias, e fomentar a corresponsabilidade” e por outra banda na área de Educación en Igualdade, de cara a consecución do seu obxectivo 1: “ Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de actividades formativas, de difusión e de sensibilización”

Tamén responde aos obxectivos propostos dentro do I Plan de Conciliación da vida persoal, familiar e profesional da cidadanía de Vilagarcía de Arousa, e que pretende que dende as administracións públicas se facilite a conciliación, non só a través da promoción da corresponsabiliadade social, senón tamén mediante a adecuación dos servizos ás necesidades da cidadanía.