mércores, 21 de xaneiro de 2015

ENTROIDO - REUNIÓN XERAL ANPA

Como cada ano xa estamos a traballar para a participación dos nosos nenos nos desfiles de entroido que se levan a cabo no noso concello e nalgún concello limítrofe (Caldas de Reis e Padrón). Por iso esperámosvos este venres 23 de Xaneiro as 13:30 no salón do colexio para explicarvos a idea na que estamos a traballar e escoitar as vosas suxerencias.
Lembrámosvos que estades a tempo de facervos socios da anpa se ainda non o sodes, poñédevos en contacto con calquera membro da directiva e informarásevos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario