venres, 15 de novembro de 2013

ROSQUILLAS DO MAGOSTO

Hai moitas formas de facelas: con anís, limón, canela.... e de tódalas formas están riquísimas!!! Son as famosas rosquillas.

 
Deixámosvos unha receita que está moi boa, pero queremos que compartades connosco a vosa...
 
 
ROSQUILLAS MAGOSTO
4 Ovos
6 Culleradas de leite
8 Culleradas de azucre
9 Culleradas de aceite de oliva
Esencia de anís
1 Sobre e medio de levadura
Raiadura de limón
Fariña (a que colla a masa ata que non peguen as mans)
Deixamos reposar 30'
Facemos as formas e fritimos en aceite de xirasol.
 
Agora non dicir que non sabedes como se fan!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario