martes, 26 de novembro de 2013

DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS

     
Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de infantil e primaria. Os nenos/as terán que plasmar a súa visión particular do seu colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida.
Os nenos poden participar a través de dúas vías:
 
desde o cole
O profesor de cada aula deberá entrar na sección Participo desde o cole e seguir as instrucións, é moi doado! Poden participar todas as clases que o desexen.

O colexio poderá gañar...

Un gran premio de 3.000 euros (ingresado nunha conta de Novagalicia Banco). Ademais todos os colexios teñen un agasallo seguro só por participar: un lote de cadernos de actividades dos Bolechas cheos de xogos e diversión.

Caderno de actividades dos Bolechas

desde a casa
Se o seu fillo/a xa participou co seu colexio recibirá unha folla informativa coas indicacións para optar aos premios individuais.
Aínda que o seu fillo non participase co seu colexio pode facer un debuxo para participar no sorteo dos premios.
 
FONTE: OS BOLECHAS.COM
Máis información no enlace: http://www.osbolechas.com/debuxa/info.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario