xoves, 28 de novembro de 2013

CULTURGAL 2013

Descubre a programación infantil e xuvenil de Culturgal 2013

Descubre a programación infantil e xuvenil de Culturgal 2013



As propostas para público infantil e xuvenil teñen un papel protagonista no programa xeral de Culturgal, a Feira das Industriais Culturais que se celebra en Pontevedra os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. Circo, contacontos, teatro, música, libros, obradoiros, exposicións e máis, agardan por nenas e nenos ao longo dos tres días. Descarga a programación aquí: programainfantilexuvenil
A Feira arranca o venres 29 cunha mañán que, coincidindo coa inauguración oficial de Culturgal, estará protagonizada pola rapazada, cunha chea de actividades concertadas cos centros educativos da contorna. Pero ao longo da fin de semana haberá moitos momentos para sesións de contacontos, concertos e ciencia, presentación de libros con espectáculos teatrais e musicais como “Pan de millo” de Migallas Teatro ou “Toc Toc” de Pablo Díaz, achegamento aos títeres da man de Tanxarina e de Anxo Moure coa Tiricleta, espectáculo de circo de Pistacatro, encontros con autores e ilustradores como acontece co escritor Manuel Rivas e o seu novo conto O raposo e a mestra, presentacións de xoguetes como o do Xabarín Club, unha casa de xogos, etc, etc.
Ademais na mañán do sábado a película A tropa de trapo no Espazo Cinema da Feira e a obra O príncipe e o parrulo no Teatro Principal de Pontevedra, unha montaxe de títeres da compañía Eme2 para rapazada a partir de 3 anos. Este espectáculo ten unha entrada de 2 euros que pode mercarse en www.servinova.com.
O acceso á Feira continúa a ser gratuíto pero haberá opción de pagar unha entrada voluntaria. É unha das accións da organización da Feira para concienciar ao público de que a cultura é algo de todas e todos. Non irás coas mans baleiras; a cambio da entrada, recibirás unha chapa que te distinguirá como micropatrocinador de Culturgal.
Descarga o programainfantilexuvenil e descubre todas as actividades que a Feira ten preparadas para que o pasedes xenial.



FONTE: CULTURGAL.COM
http://culturgal.com/descubre-a-programacion-infantil-e-xuvenil-de-culturgal-2013/

Ningún comentario:

Publicar un comentario