domingo, 3 de novembro de 2013

AO MAL TEMPO!!!

 
POIS SI... SEÑORES E SEÑORAS... AO MAL TEMPO BOA CARA!!!
 
É certo que o verán está xenial para todo: para pasear, ir a praia, andar coa bici, facer excursións... ¡¡¡claro que a todos nos gusta o verán!!! pero no Outono e no Inverno tamén podemos facer cousas estupendas cos nosos cativos.
Estos días nas redes sociais non se ven máis comentarios que: "vaia porquería de tempo", "así non hai quen saia da casa"...
Pois hai moreas de cousas para facer, unha delas é SALTAR CHARCOS... si si, o que oídes saltar charcos. É unha actividade anticrise porque é gratis, o único que fai falla son unhas botas de auga, chuvasqueiro e paraugas. Creo que nada fai máis feliz a un neno que saltar e correr e voltar a saltar nun bo charco de auga e máis todavía se o fan acompañados por nós... eso si, non vos esquenzades dun bo baño ao rematar!!!

 
 
 
 
¿Qué non vos gusta a idea? Non pasa nada, aquí tedes máis cousiñas:
 
 
 
 
¿Sabedes dalgunha máis?
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario