xoves, 14 de novembro de 2013

CONCURSO CARTEL CABALGATA DE REIS 2014

A continuación deixámosvos as bases do concurso do cartel para a cabalgata de reis 2014. É para nenos de idades entre 7 e 11 anos pero ao mellor os nenos do Vagalume teñen irmáns de esas idades. Animádevos!!!



CONCURSO DESEÑO DE CARTEL CABALGATA DE REIS 2014

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa e a Comisión da Cabalgata de Reis, acordan convoca-lo Concurso do Cartel da Cabalgata de Reis 2014.

BASES

1.             Neste concurso poderán concurrir cantos nen@s o desexen,  en idades comprendidas entre os 7 e 11 anos, empadronados neste municipio

2.             Deberá de indicar o seguinte texto: “ Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 hs.”

3.             Só se admitirán os traballos presentados a título individual, nunca se admitirán os traballos realizados por grupos.

4.             Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, pero soamente se premiará unha das presentadas.

5.             O tamaño será de A3 (297 x 420 mm.) ou similar.

6.             Os autores non poderan asinar os traballos orixinais, poñerán o seu nome, apelidos, enderezo e un número de teléfono (si é posible) no reverso  do cartel.

7.              Presentáranse na Concelleria de Cultural, de martes a venres, en horario de atención o público, (de 8:30 a 14:30 hs.) rematando o prazo  o día   11 de decembro de 2013.
8.             O Xurado fará a selección e  escollerá un cartel gañador.

9.             O dictame do xurado será inapelable.

10.         Concederase un premio único, que será o debuxo que se reproducirá na edición dos carteis, e consistirá en: Un xogo de pintura ó óleo (estuche e cabalete)

11.         Cos traballos enviados farase unha exposición no Auditorio de Vilagarcía de Arousa de Arousa, ou onde determine a organización.

12.         O traballo gañador quedará en propiedade da Comisión da Cabalgata de Reis para a edición do material publicitario da mesma, aparecendo unha reseña do seu autor.

13.         Os concursantes polo feito de participar, aceptan íntegramente as presentes bases.

14.         A entrega de premios realizarase  18 de decembro de 2013  nas dependencias do Concello

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario