xoves, 27 de febreiro de 2014

OS VAGALUMIÑOS - NOTA ENVIADA POLA ESCOLA

Estos días estamos poñendo tutoriais de como se fan os disfraces de adulto e dos nenos exvagalumiños que van ir diante no desfile, maquillaxes... Dos Vagalumiños nos poñemos nada porque diso encárganse as súas titoras. No seu día entregaron un tutorial do traxe a facer e hoxe no colexio envían esta información:




ESTE VENRES CELEBRAREMOS O DESFILE DE ENTROIDO NA ESCOLA.




OS NENOS TEÑEN QUE TRAER POSTOS OS PANTIS E A CAMISETA, O RESTO DO DISFRAZ VIRÁ NUNHA BOLSA CO SEU NOME. LEMBRADE QUE TÓDALAS PRENDAS E COMPLENTOS TERÁN QUE TER NOME.




NON VIRÁN MAQUILLADOS, IMOS MAQUILLALOS NA ESCOLA.




AQUELAS FAMILIAS QUE QUEIRAN, PODEN MANDAR POSTRES DE ENTROIDO: ORELLAS, FILLOAS, FLORES, ... PARA DEGUSTAR NA CLASE COS COMPAÑEIROS.




O DESFILE COMEZARÁ ÁS 13:00 APROX.




OS NENOS NON PODERÁN MARCHAR ATA AS 14:00. SERÁN RECOLLIDOS NAS SÚAS AULAS PARA LEVAR A BOLSA DA ROUPA.





Saúdos e bo entroido!!!