domingo, 23 de febreiro de 2014

ENTROIDO - PRÓXIMO SABADO



Estimados socios e colaboradores, estamos traballando moi duramente e a contrarreloxo para ter finalizada a carroza do entroido a tempo e tamén para ter unha posta en escea das boas!!! Ante todo queremos agradecer a todos aqueles pais que nos están axudando a súa colaboración . Entre todos faremos que este proxecto saia adiante!!!

O próximo sábado voltarémonos a xuntar para dar os toques fináis e tamén para ensaiar a coreografía, así que todos os exvagalumiňos que vaian diante teñen que vir a ensaiar (Os q non veñan e non aprendan a coreografía non poderan ir diante).
Todos aqueles que queirades vir a axudar, xa sabedes vémonos  o sábado que ven.

Lembramos a todas as familias que vaian ir na comparsa  que teñen que entregar o papel cuberto e entregalo a algún membro da ANPA o antes posible para así determinar cantas persoas irán cada desfile.

Nestos días faremos unha xuntanza para informarvos de como vai todo.

Saúdos