venres, 21 de febreiro de 2014

ENTROIDO

Hola a todos!!!

Queda pouquiño para o Entroido. Temos previstas tres saídas para participar en desfiles, son os seguintes:

DOMINGO 2 DE FEBREIRO - DESFILE DE CALDAS

MARTES 4 DE MARZO - DESFILE DE VILAGARCIA

SABADO 8 DE MARZO - DESFILE DE PADRON


O cole organiza o desfile dentro do centro polo que xa vos enviará unha circular de cando e a que hora sairán os nenos. Todos levaron un papeliño co seu disfraz, pero se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto ou coa mestra ou coa ANPA que estaremos encantados de axudarvos.

Entregamoslles aos nenos un papeliño para que cubrades todos aqueles que querades ir aos desfiles. É importante que nolo entreguedes xa que así faremos unha estimación da xente que irá a cada un e así anotarse como comparsa e participar no concurso.
Os nenos que vaian ao desfile deberán ir acompañados dun adulto (disfrazado) que se responsabilice del.
Na reunión que fixemos na escola demos opcións para facer ou levar os traxes relacionados co tema elexido polo colexio. Temos tutoriales á vosa disposición explicando os disfraces dos nenos exvagalumiños, dos pais e dos nenos do cole (estos últimos fixéronnos as mestras).

Esta fin de semana xuntarémonos para realizar os traballo do entroido, estaremos no colexio o sábado día 22 a partires das 17:00 horas. Según os traballos que se realicen o sábado, valoraremos a necesidade de quedar o domingo.  Ademáis tamén necesitamos que todos os nenos exvagalumiños que vaian aos desfiles veñan o sábado para organizar "a posta en escea". Ademáis todos aqueles pais que se presten tamén poden vir.

Esperámosvos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario