sábado, 27 de setembro de 2014

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES - INTELIXENCIA EMOCIONAL - XORNADA DE PORTAS ABERTAS



Bos días papis/mamis:

O próximo luns 6 de outubro, no colexio terá lugar a Xornada de portas abertas que ofrece o grupo de INTELIXENCIA EMOCIONAL. Farase en dous horarios:

* de 16:30 a 17:30 horas para nenos de 4 e 5 anos.
* de 17:30 a 18:30 horas para nenos de 3 anos.

Así que todos os que estedes interesados en asistir xa sabedes, vémonos o próximo día 6. Poderán asistir todos os nenos/as socios da ANPA sen ningún compromiso, solo para probar. Os que queiran seguir coa actividade deberán facilitarlle os datos ás persoas responsables da actividade e os pagos tamén se lle farían a estas persoas.

Agora un favorciño, xa que o día é moi próximo rogamos que difundades esta mensaxe a cantos máis compañeiros podades.

Grazas!!!

A Xunta Directiva


Esta segunda hora  (17:30-18:30) non vai ser a hora definitiva na que quede a actividade en caso de anotarse, este horario é para a xornada do día 6. Despois dependendo dos nenos que se anoten verase se se fan dous grupos ou un só.

Agradecemos á Dirección o esforzo que lles supón organizar estes cambios sempre con tan pouco tempo e a colaboración que temos de todas as mestras para a entrega de circulares, ... Sen elas este cole non sería o que é!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario