xoves, 25 de setembro de 2014

DEZ RAZÓNS PARA ASOCIARSE!!!




…todo por e para os nenos…


Dez razóns para asociarse á ANPA EEI Vagalume:
  1. Porque é a nosa responsabilidade implicarse na educación dos nosos fill@s.
  2. Porque se nós, como pais e nais deixamos de actuar e participar xuntos, ¿como explicarlles ós nosos fill@s que deben ser persoas  implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, gozar e corresponsabilizarse do seu propio futuro?
  3. Porque todos somos a comunidade educativa, pais, profesores, estudantes, ..., e, como tal, é o noso dereito e o noso deber. Disfrutemos sendo  membros da mesma e vivámola con intensidade.
  4. Porque un movemento de pais e nais agrupados facilita que as iniciativas e peticións destos, sexan vistas con maior respeto por parte das administracións públicas, pola sociedade…
  5. Pola necesidade de estar unidos á hora de pedir apoio para mellorar as escolas públicas.
  6. Porque por 22€ ó ano os nosos fill@s disfrutarán de varias actividades extraescolares (pintura, teatro, informática, fútbol, baile moderno, intelixencia emocional…) e o plan madruga, que realizamos dende á ANPA.
  7. Porque os nen@s terán cuberto o seguro escolar e a  responsabilidade civil.
  8. Porque poderei participar co meu fill@ en festas organizadas pola ANPA para os seus membros: Festa de Nadal, festival de Actividades, festa fin de curso, excursión fin de curso…
  9. Porque a nosa pequena contribución será usada para financiar infraestruturas e outros elementos que melloran a calidade de vida para todos os nen@s do centro (o pasado curso, xoguetes e mobiliario para o patio).
  10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fill@s e sen ti non somos nada.
Tod@s somos ANPA, esperámoste.

Ningún comentario:

Publicar un comentario