martes, 30 de setembro de 2014

IGUALDADE



Boas noites, paseando polo Facebook atopei esta fotografía que me lembrou ao proxecto que fixemos o ano pasado para o premio da igualdade do concello. Un dos traballlos que incluimos neste proxecto foi un vídeo feito dende diversos lugares do mundo. 
Non gañamos o premio pero para nos foi un orgullo ver a implicación de moitisimos pais/nais: en conseguir poñerse en contacto con familiares de outros continentes, ver familiares que viñan ao cole a explicar como era o país de onde eran naturais, contacontos improvisados nas aulas, bailes típicos de outros países e todos orientados aos nenos e á igualdade. 
Deixamos o enlace ao vídeo para que o vexades e unha vez visto, se tedes alguna idea para a edición deste ano estaremos encantados de tomar nota das ideas e da vosa colaboración.



Ningún comentario:

Publicar un comentario