mércores, 30 de abril de 2014

OS MAIOS




Bos días a tod@s:


Con motivo da festa dos maios que se celebrará o 1 de maio (na praza da peixería se chove ou no miguel hernández se fai bo tempo), hoxe imos quedar a partires das 5 da tarde no colexio para ir facendo os maios, así que todos os que queirades axudar seredes benvidos!!!


O día dos maios, os nen@s deberán ir vestidos de vell@s e os pais/nais que participen na canción deberán levar pantalón vaqueiro e camisa branca.


Para que ensaiedes a canción, aquí a tedes!!!:






Os do Vagalume 
xa a estan a liar
pois con tanta xente 
onde ímos parar (bis)




Somos  unha familia
Chea de ilusión
E onde haxa festa
Ímos un montón.




No fondo mariño
Non faltou de nada
Se collo esas gambas
Fago unha empanada (bis)




Estrelas de mar
Peixes e cangrexos
Tanto colorido
Víanse de lexos




Sereas, cabaliños
E ata tiburóns
Golfiños e Neptuno
Menuda colección (bis)




E  o noso polbo
Co traballo que dou
Sustos para todos
Que cara vos quedou.




Bailamos e bailamos
A canción do calamar
A do cabaliño
Temos que descansar (bis)




Con isto rematamos
Para outra ocasión
Que agora queremos
Papar o roscón (bis)

(HAI OUTRA CANCIÓN QUE SE VAI CANTAR, POR FAVOR SE NON A TEDES PEDÍDEA POR PRIVADO OU A CALQUERA MEMBRO DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA)