luns, 7 de abril de 2014

ITALIA - SOMOS DIFERENTES SOMOS IGUAIS









ITALIA

Aquí tedes o país máis recoñecible por todos, xa que a súa forma de bota é moi divertida e faino moi fácil de identificar.
A cociña, a súa riquísima cociña fai feliz a tódolos nenos, e como non, a  máis dun pai/nai. De seguido poñemos os enlaces a un dos pratos por excelencia, os espaguetis boloñesa.
Tamén incluimos unha cantiga para nenos. Esperamos que vos guste. Arrivederchi!!!





CANCIÓN
A canción que eliximos e a POLLITO PIO, en versión italiana. De seguro que vos gusta!!!




SPAGUETIS BOLOÑESA

Preparación: 1 Hora
Tempo de cocción: 20 minutos

Ingredientes:
  • 1 cullerada de aceite de oliva
  • 1 cebola ben picada
  • 2 dentes de allo bien picadiños
  • 1 cenoria raspada e troceada
  • 1 apio troceado
  • 50 gr de panceta en dados
  • 350 gr de carne de tenreira picada
  • 400 gr de tomate 
  • 2 culleradas pequeñas de orégano seco
  • 125 ml de viño tinto
  • 2 culleradas de tomate triturado
  • sal e pementa
  • 675 gr de espaguetis frescos o 350 gr de espaguetis secos

Preparación:
  1. Quencer o aceite nunha tixola grande. Añadir a cebola e sofreir 3 minutos.
  2. Agregar o allo, a cenoria, o apio e a panceta e saltear de 3 a 4 minutos, ou ata que comecen a dourarse.
  3. Incorporar a carne picada e saltear a lume vivo outros 3 minutos, ou ata que a carne quede ben dourada.
  4. Engadir o tomate, o orégano e o viño e cociñar ata ferver. Baixar o lume e cocer uns 45 minutos.
  5. Verter o tomate triturado e salpimentar.
  6. Ferver os espaguetis nun cazo con auga fervendo de 8 a 10 minutos, ata que estén "al dente". Escurrilos ben.
  7. Poner os espaguetis nunha fonte de servir e cubrir coa salsa boloñesa. Mezclar ben e servir.