luns, 30 de setembro de 2013

ALICIA EN EL PAIS DE LAS MARAVILLAS

ALICIA EN EL PAIS DE LAS MARAVILLAS
FUENTE: SERVINOVA
http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/varios/auditorio-municipal-de-vilagarcia-de-arousa/2769-alicia-en-el-pais-de-las-maravillas.HTML

 

ALICIA EN EL PAIS DE LAS MARAVILLAS

Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa

Vilagarcia de Arousa 2013-10-20T18:00
dende 6,00 €                        

 
 
Exactamente igual que ocorre cando soñamos, nas aventuras de Alicia adentrámonos nun mundo máxico onde nada é o que parece, á nosa protagonista sucédenlle todo tipo de xogos que poñen a proba o seu inxenio e a súa maneira de comprendelo mundo.
 
Na nosa singular versión tratamos de incluir, a través do xogo escénico entre os personaxes, algunhas das inquietudes universais propias da infancia: a identidade, o tempo, o espacio, o crecemento, e tódalas interpretacións que a súa representación admite tratados dende una lóxica do absurdo propia dos soños.

En Alicia en el País de las Maravillas, está constantemente presente unha pregunta: ¿Eu quen son?
 
Cunha coidada caracterización e cancións e coreografías orixinais acercámonos ao mundo da fantasía a través dunha película de animación proxectada nunha grande pantalla, de onde saen e entran os personaxes da obra, creando una atmósfera máxica na que ficción e realidade van da man.
 
Na nosa Alicia hay espacio para a danza, para as cancións, para os xogos de nenos, para os chistes, para a poesía e para a reflexión.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario