xoves, 26 de setembro de 2013

DEZ RAZÓNS PARA ASOCIARSE Á ANPA

                                                                               













anpadovagalume.blogspot.com
 
 
…todo por e para os nenos…


  1. Porque é a nosa responsabilidade implicarse na educación dos nosos fill@s.
  2. Porque se nós, como pais e nais deixamos de actuar e participar xuntos, ¿Cómo explicarlles ós nosos fill@s que deben ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, gozar e corresponsabilizarse do seu propio futuro?
  3. Porque todos somos a comunidade educativa, pais, profesores, estudantes, ..., e, como tal, é o noso dereito e o noso deber. Disfrutemos sendo membros da mesma e vivámola con intensidade.
  4. Porque un movemento de pais e nais agrupados facilita que as iniciativas e peticións destos, sexan vistas con maior respeto por parte das administracións públicas, pola sociedade…
  5. Pola necesidade de estar unidos á hora de pedir apoio para mellorar as escolas públicas.
  6. Porque por 22€ ó ano os nosos fill@s disfrutarán de varias actividades extraescolares (pintura, psicomotricidade, teatro, baile galego, informática, fútbol, música e movemento, ballet…) e o plan madruga, que realizamos dende á ANPA.
  7. Porque os nen@s Terán cuberto o seguro escolar e a responsabilidade civil.
  8. Porque poderei participar co meu fill@ en festas organizadas pola ANPA para os seus membros: Festa de Nadal, festival de Actividades, festa de fin de curso, excursión fin de curso...
  9. Porque a nosa pequena contribución será usada para financiar infraestruturas e outros elementos que melloran a calidade de vida para todos os nen@s do centro (o pasado curso, xoguetes e mobiliario para o patio)
  10. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fill@s e sen ti non somos nada.

 

Tod@s somos ANPA, esperámoste.

3 comentarios:

  1. Onte o presidente invitoume moi amablemente a unirme a xunta directiva do ANPA, estou mirando se daría cuadrado horarios para facelo, poderiades colgar os estatutos da asociación neste blog. Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Perdoa por non contestar antes pero ata hoxe non vin o comentario. Trasládolle a túa solicitude á Xunta Directiva pois nestes intres non sei se se poden colgar os estatutos. Saúdos!!!

    ResponderEliminar
  3. Os estatutos están á disposición dos socios neste blog. Ao mismo tempo, dende este soporte, aproveitamos para invitar de novo o tódolos membros que o desexen a formar parte de Xunta Directiva da ANPA

    ResponderEliminar