mércores, 8 de outubro de 2014

CIRCULAR INTELIXENCIA EMOCIONAL E BAILE MODERNO



Dende a directiva da ANPA informámosvos que debido ó grande número de nen@s apuntados para as actividades de Intelixencia Emocional (Luns) e  Baile Moderno (Xoves) tivéronse que adoptar unha serie de cambios nas mesmas:

     Intelixencia Emocional seguirá sendo os Luns pero en dous grupos:

16:30-17:30 para nenos de 4 e 5 anos
17:30-18:30 para nenos de 3 anos

* No caso de non poder asistir no horario que lle corresponde ó nen@ /s, falar coa monitora da actividade para poder cambiar de grupo.

   Baile moderno será impartido igualmente os Xoves no mesmo horario (16:30-18:00) pero por dous monitores para que así os nenos estén mellor atendidos.


   Aproveitamos para recordarvos que segue aberto o prazo para apuntarse en calquera das actividades ofertadas e tamén o prazo para facerse socio da ANPA, merece a pena!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario