sábado, 8 de marzo de 2014

SABADO DE PIÑATA - VILAGARCÍA SERÁ UN CIRCO!!


Poñemos nos voso coñecemento a iniciativa da Ahituvi e o Concello coa colaboración de Zona Aberta para o SABADO DE PIÑATA. Ademáis de ser unha idea moi divertida, estamos implicados nela indirectamente xa que o VAGALUME deixou todo o decorado utilizado no DESFILE DO ENTROIDO DO ANO PASADO para meterse máis no ambiente. Nos vos quededes na casa e ide a velo!!!



O Sábado de Piñata convertirá mañá a Vilagarcía nun xigantesco circo

 

O concurso de disfraces entregará máis de 1.200 euros en premios

Os locais de hostalería repartirán 800 narices de pallaso e haberá dúas maquilladoras caracterizando ao personal polas rúas

As rúas de Vilagarcía convertiranse na noite de mañá nun xigantesco circo poboado por todo tipo de personaxes. O motivo desta transformación é a celebración do Sábado de Piñata organizado pola Asociación de Hostaleiros Ahituvi e o Concello coa colaboración de Zona Aberta.

O obxectivo desta iniciativa é recuperar o tradicional Sábado de Piñata (que ata non hai moito foi o día principal do entroido vilagarcián) e animar un fin de semana máis as rúas da cidade.

Con tal motivo convocouse un concurso de disfraces en base a unha temática común, que este ano é o mundo do circo.

Os hostaleiros asociados a Ahituvi repartirán gratuitamente entre os seus clientes 800 narices de pallaso. Ademais, entre a medianoite e as 2.30 horas haberá dúas maquilladoras percorrendo as zonas de copas de Vilagarcía que se encargarán de caracterizar a todo aquel que o desexe  ao fin de poñerlle un pouco máis de cor e ambiente á noite.

Concursantes

Os participantes nas modalidades individual,  parellas e grupos deberán presentarse na explanada do Auditorio entre ás 00.00 e as 02.00 horas, para anotarse, seren fotografados e recibir un número de identificación.

Alí estará instalado un set con figuras e decoración circense, todo elo cedido para esta ocasión pola ANPA do Vagalume.

O concurso contará ademais cun premio para o local hostaleiro mellor ambientado, para o que se valorará tanto a súa decoración como o vestiario dos camareiros

O xurado (composto por un representante do Concello, outro de Ahituvi e outro de Zona Aberta) visitará na noite do sábado os locais hostaleiros previamente inscritos no concurso. Posteriormente reunirase o martes e resolverá o concurso en todas as súas categorías.

Os premios, segundo as diferentes categorías, consistirán en:     

  1. Grupo: 600 € en metálico.
  2. Parella: Sesión de spá, cea romántica e noite de hotel para dúas persoas
  3.  Individual: 150 € en vales de compra de Zona Aberta. 
  4. Local hostaleiro mellor ambientación: 300 € en metálico.