mércores, 11 de decembro de 2013

"O CREBANOCES" en títeres

“O Crebanoces” de Hoffmann regresa por Nadal para darse a coñecer ao público infantil a través de monicreques
O conto navideño de Hoffmann, “O Crebanoces” regresa por estas datas a Vilagarcía cunha representación adaptada ao público infantil. A actriz Larraitz Urruzola e varios monicreques escenificarán a popular historia do Crebanoces o vindeiro sábado, 14 de decembro, cunha sesión que se celebrará a partir das 12 do mediodía na sala de conferencias do Auditorio. A música composta por Tchaikovsky para este conto tamén soará na representación cuxa entrada será libre e de balde ata completar aforo.
09. 12. 2013.- “O Crebanoces” é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann e dirixido a público familiar e que chega a Vilagarcía a través da programación da Rede de Dinamización Lingüçística. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para poder ser interpretada por bandas de música popular.

Esta versión do conto de Hoffmann Está dirixida a público familiar, de maneira que o goce será maior na medida en que acudan os nenos e nenas cos seus pais, nais,... No espectáculo soa completa a suite do Crebanoces de Tchaikowsky. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara o público.

Sinopse

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces na realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.


FONTE: WEB CONCELLO DE VILAGARCIA
http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=7702



Ningún comentario:

Publicar un comentario