Fai falla un toque de cor
no noso FACEBOOK.
Propoñémosvos
o seguinte:
POÑER UN
DEBUXO FEITO POLOS NOSOS NENOS SEMANALMENTE NA PORTADA DO FACEBOOK.
¿Qué vos parece a idea?
INTRUCCIÓNS:
·
O debuxo deberase realizar por calquer Vagalumiño ou
exvagalumiño co tema que desexe cada neno, é totalmente libre tanto o tema como o material a utilizar.
·
O formato do debuxo, para que colla correctamente na
foto de portada do Facebook ten que ser a escala de 30,02x11,11 cm.(aproximadamente a
metade dun folio dobrado hourizontalmente). Se ten outro tamaño pode ser que
o debuxo teña que ser recortado e non se vexa na súa totalidade.
·
Nunha
parte do folio (non é necesario que sexa no debuxo) tedes que escribir o nome e
a que clase pertence ou pertenceu o nen@ para unha mellor identificación.
·
Colgaránse os debuxos por orde de chegada: primeiro
nun álbum do facebook e do blogue e logo colocarase de portada un a un sempre
mantendo ese orden.
·
O método de
entrega pode ser a través de correo-e a anpa.vagalume@gmail.com, a través
dunha mensaxe privada ao Facebook do anpa ou entregando o debuxo a calquer
membro da anpa. Se o enviades de forma dixital pódese entregar
scaneado ou ben mediante unha fotografía e adxuntalo.
- No caso de que se entreguen moitos debuxos colocaránse dous semanalmente, para así poder poñer todos o máis cedo posible. Se hai poucos poránse semanalmente e unha vez rematado o ciclo voltaránse a expoñer.
Poñémosvos un exemplo de como nos debería chegar para que vos fagades una idea. Logo xa nos encargamos nós de recortalo. Concretamente esta foto está sacada dende o teléfono, pero pódese scanear tamén.
Bueno,
esperamos que vos pareza boa idea e que vos animedes cos cativos, así que VEÑA…
A TRABALLAR!!!... Bueno, A DEBUXAR!!!
Saúdos,
A Xunta
Directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario