Amosando publicacións coa etiqueta kilo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta kilo. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de decembro de 2015

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS “CARITAS DE AROUSA”

Dende o Anpa queremos darvos as grazas pola boa acollida da campaña de recollida de alimentos e pola desinteresada colaboración que estades prestando a xente mais necesitada nestas datas sinaladas.

luns, 14 de decembro de 2015

NOVA CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS “CARITAS DE AROUSA”


Estimados Pais/Nais:

Outro ano máis participamos na “CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS”. A demanda de axuda para as familias máis necesitadas aumentou moito con respecto a anos anteriores.

É por isto que pedímola vosa colaboración para esta campaña coñecida como “KILO SOLIDARIO”, que consiste na recollida de alimentos envasados e que se levará a cabo dende o día 14 ata 18 de Decembro no noso cole.

Para una boa recollida establecemos a seguinte orde de entrega de produtos:

Lúns 14 Decembro: FABAS, GARBANZOS, PASTA ou FARIÑA. 

Martes 15 Decembro: ACEITE, CONSERVA (Atún no) ou TOMATE FRITO 

Mércores 16 de Decembro: AZUCAR, CAFÉ MOIDO ou COLACAO 

Xoves 17 de Decembro: PRODUTOS DE HIXENE PERSOAL ou DE LIMPEZA DO FOGAR 

Venres 18 Decembro: DOCES DE NADAL ou GALLETAS. 

Agradecemos a vosa colaboración de antemán e confiamos na vosa solidariedade.