Amosando publicacións coa etiqueta SOMOS DIFERENTES SOMOS IGUAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOMOS DIFERENTES SOMOS IGUAIS. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de setembro de 2014

IGUALDADE



Boas noites, paseando polo Facebook atopei esta fotografía que me lembrou ao proxecto que fixemos o ano pasado para o premio da igualdade do concello. Un dos traballlos que incluimos neste proxecto foi un vídeo feito dende diversos lugares do mundo. 
Non gañamos o premio pero para nos foi un orgullo ver a implicación de moitisimos pais/nais: en conseguir poñerse en contacto con familiares de outros continentes, ver familiares que viñan ao cole a explicar como era o país de onde eran naturais, contacontos improvisados nas aulas, bailes típicos de outros países e todos orientados aos nenos e á igualdade. 
Deixamos o enlace ao vídeo para que o vexades e unha vez visto, se tedes alguna idea para a edición deste ano estaremos encantados de tomar nota das ideas e da vosa colaboración.



sábado, 26 de abril de 2014

VIDEO IGUALDADE - SDSI

Aquí tedes un dos traballos feitos para o concurso da Igualdade. Esperamos que vos guste. (Tarda un pouquiño en cargar, tede paciencia e mirádeo ata o final que hai moitas caras coñecidas e de fora!!!) Despois so vos queda compartir!!!

http://youtu.be/nwZuJTtfcak




venres, 25 de abril de 2014

DEBUXOS DA IGUALDADE - SDSI

Hola a todos/as, deixamos o enlace dos debuxos da Igualdade feitos polos/as nosos/as peques. Esperamos que disfrutedes deles!!!


https://plus.google.com/photos/116492850235291315102/albums/6005414750070467713


Saúdos

luns, 21 de abril de 2014

MEXICO - SDSI


MEXICO


COSTUMES MEXICANAS - AS PIÑATAS

Existen distintas versión sobre a orixe da piñata, utilizouse por primeira vez en China para os festexos de ano novo, que coincidía co comezo da primavera, e cos tradicionais rituais relacionados coa agricultura. Logo de romperse cun pau de madeira, os restos queimábanse e logo as cinzas eran repartidas e gardadas, crendo que traerían boa sorte. Crése que Marco Polo foi que, durante as súas viaxes, levou hacia Eurpa a idea e tradición da piñata, adaptándose logo éstas ás festas relixiosas.
Inicialmente utilizábase un recipiente de cerámica, ao que co tempo añadíronlle decoracións de todo tipo. A palabra piñata pode ter a súa orixen no vocablo italiano da súa misma pronunciación ("pignatta") que significa "recipiente fráxil".
Despóis de dalo a coñecer en Europa, os españois importaron esta tradición ao Novo Mundo e decidiron utilizala como unha ferramenta máis para a evanxelización.
Outra versión señala que os antiguos "mayas" solían praticar un xogo consistente en vendarse os ollos intentando romper un recipiente de barro cheo de chocolate que permanecía suspendido cunha corda.
Co paso do tempo, a piñata converteuse nun elemento infaltable nas festas mexicanas, sobre todo nas Posadas, como se lles coñece ás festas previas ao Nadal en México e máis nos aniversarios.
A piñata tradicional elabórase cun recipiente de barro que é forrado e decorado con papel de cores. A esta mesma se péganselle sete conos ou picos que terminan dándolle a forma dunha estrela.
A piñata énchese con doces e froitas de tempada. Para rómpela colgase dun lazo que a mantén no alto, o reto implica rómpela mentres se teñen os ollos vendados.
Hoxe as piñatas son elementos decorativos e motivo de entretenemento para os rapaces que participan nestes eventos. Realizanse en papel mache ou cartón e se enchen de caramelos e sorpresas. Teñen forma de animais, personaxes de televisión e decóranse con papeles de cores.
Cólganse e os pequenos intentan rómpela pegándolle co pau de madeira, ao canto da cantiga da piñata. .
Dale, dale, dale, no pierdas el tino,
Porque si lo pierdes, pierdes el camino..
Esta piñata es de muchas mañas,
Sólo contiene naranjas y cañas.
No quiero oro, ni quiero plata,
Yo lo que quiero es romper la piñata.
Ándale Juana, no te dilates
Con la canasta de los cacahuates.
Anda María, sal del rincón
Con la canasta de la colación.
En esta posada nos hemos chasqueado
Porque Teresita nada nos ha dado.
Échenles confites y canelones
A los muchachos que son muy tragones.
Todos los muchachos rezaron con devoción,
Castaña asada, piña cubierta,
Echen a palos a los de la puerta.
Ándale Juan, sal de hornilla
Con la botella de la manzanilla.
De los Cerritos y los cerrotes
Saltan y brincan los tejocotes.
Ándale niña, sal otra vez
Con la botella del vino jerez.
Esta posada le tocó a Carmela,
Si no da nada le saco una muela.



CANCIÓN - LAS MAÑANITAS
Poñemos o enlace a esta fermosa cantiga mexicana que é típica a cantar nos aniversarios.






RECEITA - PICO DE GALLO.

Non hai receita mexicana que así se chame se non está presente o "Pico de Gallo", xa que é un elemento clásico e básico da comida mexicana. Ten una multitude de denominacións salsa cruda, salsa picada, salsa mexicana ou salsa bandeira.
O "Pico de gallo" é básico na comida mexicana xa que se usa tanto para as "botanas" con topopos (triángulos de maíz fritos) como para acompañar carnes ou peixes ou ás famosas tostadas mexicanas.
fritos). como para acompañar carnes ou peixes ou as famosas tostadas mexicanas.

 Ingredientes (para duas ou tres salseiras)
  • 1/2 quilo de tomate
  • 1 cebola pequena
  • 1 chile tipo serrano
  • 1 manoxo de cilantro
  • 1 pouquiño de sal
  • 1 zume de lima

Preparación:

  1. Lavar bien os tomates e picalos en cuadriños de medio centímetro aprox.
  2. Picar a cebola de un tamaño similar e os chiles máis finitos. Se se desexa que non pique tanto pódense eliminar as sementes dos chiles antes de cortalos.
  3. Picar o cilantro moi pequeno.
  4. Mezclar as “verduras” coa sal e o zume de lima e revolver.
  5. Cubrir con un papel film e metelo na nevera alo menos 30 minutos para que se mezclen os sabores.



ROSA CARAMELO - SDSI



Deixámosvos un contiño para leer aos peques. ROSA CARAMELO. E despois de leelo a durmir que xa son horiñas. Boas noites!!!


https://www.youtube.com/watch?v=qqJx-a09dT8

mércores, 16 de abril de 2014

EL PRINCIPE CENICIENTO - SDSI

Hola!!!
Ollade este conto e mostrádello aos pequenos xa veredes como van a escachar á risa... Xa me contaredes...


http://youtu.be/suq_0NP_ObE

xoves, 10 de abril de 2014

CANCIÓN - SDSI

E hoxe ¡¡¡marcha!!!
Poñemosvos o enlace a una fermosa canción sobre a diversidade. É moi pegadiza e os nenos en nada teñenna aprendida.
Ahí vai!!!


http://youtu.be/4-kp_reDmU4



mércores, 9 de abril de 2014

XAPÓN - SDSI

XAPON





Os nosos meniños e nós sabemos do Xapón máis do que pensamos: os xaponeses comén o arroz cos palillos, sentanse de xeonllos, escriben con símbolos, algúns utilizan para vestirse os "kimonos", sabemos que hai geishas, que usan "chancletas"... ahora propoñemosvos un xogo para facer na casa que se chama origami. O "ORIGAMI" é unha arte xaponesa que trata o pregado de papel. Poñémosvos unha plantilla faciliña!!!
Abaixo tamén tedes o enlace da canción de "DORAEMON" en xaponés, non vola perdades!!!


http://youtu.be/Oh_2dmUTW6w

XENTE DO MUNDO - SDSI




Como ben sabedes, estamos facendo un proxecto de para o concurso municipal de igualdade. Para unha das ideas a incluir necesitamos xente que vive fora de España e que sepa a língua dese país ou ben que teña o acento típico desa rexión. ¿Coñecedes a alguén? Mandádenos un privado e volo explicamos.
Gracias!!!

martes, 8 de abril de 2014

UNA MAMÁ PARA OWEN - SDSI




Hoxe queremos compartir convosco a lectura de UNA MAMÁ PARA OWEN contado cun acento diferente ao galego. ¿Sabedes de onde é?


http://youtu.be/6YXZ29Pj9sk

luns, 7 de abril de 2014

ITALIA - SOMOS DIFERENTES SOMOS IGUAIS









ITALIA

Aquí tedes o país máis recoñecible por todos, xa que a súa forma de bota é moi divertida e faino moi fácil de identificar.
A cociña, a súa riquísima cociña fai feliz a tódolos nenos, e como non, a  máis dun pai/nai. De seguido poñemos os enlaces a un dos pratos por excelencia, os espaguetis boloñesa.
Tamén incluimos unha cantiga para nenos. Esperamos que vos guste. Arrivederchi!!!





CANCIÓN
A canción que eliximos e a POLLITO PIO, en versión italiana. De seguro que vos gusta!!!




SPAGUETIS BOLOÑESA

Preparación: 1 Hora
Tempo de cocción: 20 minutos

Ingredientes:
  • 1 cullerada de aceite de oliva
  • 1 cebola ben picada
  • 2 dentes de allo bien picadiños
  • 1 cenoria raspada e troceada
  • 1 apio troceado
  • 50 gr de panceta en dados
  • 350 gr de carne de tenreira picada
  • 400 gr de tomate 
  • 2 culleradas pequeñas de orégano seco
  • 125 ml de viño tinto
  • 2 culleradas de tomate triturado
  • sal e pementa
  • 675 gr de espaguetis frescos o 350 gr de espaguetis secos

Preparación:
  1. Quencer o aceite nunha tixola grande. Añadir a cebola e sofreir 3 minutos.
  2. Agregar o allo, a cenoria, o apio e a panceta e saltear de 3 a 4 minutos, ou ata que comecen a dourarse.
  3. Incorporar a carne picada e saltear a lume vivo outros 3 minutos, ou ata que a carne quede ben dourada.
  4. Engadir o tomate, o orégano e o viño e cociñar ata ferver. Baixar o lume e cocer uns 45 minutos.
  5. Verter o tomate triturado e salpimentar.
  6. Ferver os espaguetis nun cazo con auga fervendo de 8 a 10 minutos, ata que estén "al dente". Escurrilos ben.
  7. Poner os espaguetis nunha fonte de servir e cubrir coa salsa boloñesa. Mezclar ben e servir.