CONCURSO DESEÑO DE CARTEL CABALGATA DE REIS 2014
A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de
Vilagarcía de Arousa e a Comisión da Cabalgata de Reis, acordan convoca-lo
Concurso do Cartel da Cabalgata de Reis 2014.
BASES
1.
Neste concurso poderán concurrir cantos nen@s o desexen, en idades comprendidas entre os 7 e 11 anos,
empadronados neste municipio
2.
Deberá de indicar o seguinte texto: “ Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 hs.”
3.
Só se admitirán os traballos presentados a título individual, nunca se
admitirán os traballos realizados por grupos.
4.
Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, pero soamente
se premiará unha das presentadas.
5.
O tamaño será de A3 (297 x 420 mm.) ou similar.
6.
Os autores non poderan asinar os traballos orixinais, poñerán o seu nome,
apelidos, enderezo e un número de teléfono (si é posible) no reverso do cartel.
7.
Presentáranse na Concelleria de
Cultural, de martes a venres, en horario de atención o público, (de 8:30 a
14:30 hs.) rematando o prazo o día 11 de decembro de 2013.
8.
O Xurado fará a selección e escollerá un cartel gañador.
9.
O dictame do xurado será inapelable.
10.
Concederase un premio único, que será o debuxo que se reproducirá na
edición dos carteis, e consistirá en: Un
xogo de pintura ó óleo (estuche e cabalete)
11.
Cos traballos enviados farase unha exposición no Auditorio de
Vilagarcía de Arousa de Arousa, ou onde determine a organización.
12.
O traballo gañador quedará en propiedade da Comisión da Cabalgata de
Reis para a edición do material publicitario da mesma, aparecendo unha reseña
do seu autor.
13.
Os concursantes polo feito de participar, aceptan íntegramente as
presentes bases.
14.
A entrega de premios realizarase
18 de decembro de 2013 nas dependencias
do Concello
Ningún comentario:
Publicar un comentario