Sempre que fai mal tempo ou cando non saimos pola tarde poñémonos mans á obra. Todos á cociña!!!
Aos meus nenos encántalle cociñar e supoño que será algo común, por iso comparto con vos unha receita moi faciliña que agora xa fan eles soiños (baixo a miña supervisión!!!)
Se tedes algunha receita para compartir enviádenola a través do facebook ou mediante un comentario no blog.
Biscoito
de chocolate e noces
Ingredientes:
1 vaso de aceite, 2 vasos de fariña, 1 vaso de colacao, 1 vaso de leite, ¾ de vaso de azucre, 1 sobre de fermento, 3 ovos, Noces ao gusto.
Preparación
Mesturamos os ovos co azucre. Engadimos todos os líquidos e mesturamos de novo.
Incorporamos o resto dos ingredientes excepto as noces. (Ollo co colacao primeiro mesturade a man se non queredes cubrir a cociña de marrón!!!) Ao rematar engadimos as noces e remexemos a man.

Vertemos nun molde preparado con manteiga e
fariña e engadimos un pouquiño de azucre para que forme costra.
Forno 30 minutiños a 180o
Forno 30 minutiños a 180o
*Queda igualiño ao da foto, rico rico!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario