…todo por e para os nenos…
Dez razóns para asociarse
á ANPA EEI Vagalume:
- Porque
é a nosa responsabilidade implicarse na educación dos nosos fill@s.
- Porque
se nós, como pais e nais deixamos de actuar e participar xuntos, ¿como explicarlles
ós nosos fill@s que deben ser persoas
implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, gozar e
corresponsabilizarse do seu propio futuro?
- Porque
todos somos a comunidade educativa, pais, profesores, estudantes, ..., e,
como tal, é o noso dereito e o noso deber. Disfrutemos sendo membros da mesma e vivámola con
intensidade.
- Porque
un movemento de pais e nais agrupados facilita que as iniciativas e
peticións destos, sexan vistas con maior respeto por parte das
administracións públicas, pola sociedade…
- Pola
necesidade de estar unidos á hora de pedir apoio para mellorar as escolas
públicas.
- Porque
por 22€ ó ano os nosos fill@s disfrutarán de varias actividades
extraescolares (pintura, teatro,
informática, fútbol, baile moderno, intelixencia emocional…) e o plan madruga, que realizamos dende
á ANPA.
- Porque
os nen@s terán cuberto o seguro escolar e a responsabilidade civil.
- Porque
poderei participar co meu fill@ en festas organizadas pola ANPA para os
seus membros: Festa de Nadal, festival de Actividades, festa fin de curso,
excursión fin de curso…
- Porque
a nosa pequena contribución será usada para financiar infraestruturas e
outros elementos que melloran a calidade de vida para todos os nen@s do
centro (o pasado curso, xoguetes e mobiliario para o patio).
- Porque
todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fill@s e
sen ti non somos nada.
Tod@s somos ANPA, esperámoste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario