Poñemos nos voso coñecemento a iniciativa da Ahituvi e o Concello coa colaboración de Zona Aberta para o SABADO DE PIÑATA. Ademáis de ser unha idea moi divertida, estamos implicados nela indirectamente xa que o VAGALUME deixou todo o decorado utilizado no DESFILE DO ENTROIDO DO ANO PASADO para meterse máis no ambiente. Nos vos quededes na casa e ide a velo!!!
O Sábado de Piñata convertirá mañá a
Vilagarcía nun xigantesco circo
O concurso de disfraces entregará máis
de 1.200 euros en premios
Os locais de hostalería repartirán 800
narices de pallaso e haberá dúas maquilladoras caracterizando ao personal polas
rúas
As rúas de Vilagarcía convertiranse na noite
de mañá nun xigantesco circo poboado por todo tipo de personaxes. O motivo
desta transformación é a celebración do Sábado de Piñata organizado pola
Asociación de Hostaleiros Ahituvi e o Concello coa colaboración de Zona Aberta.
O obxectivo desta iniciativa é recuperar o
tradicional Sábado de Piñata (que ata non hai moito foi o día principal do
entroido vilagarcián) e animar un fin de semana máis as rúas da cidade.
Con tal motivo convocouse un concurso de disfraces
en base a unha temática común, que este ano é o mundo do circo.
Os hostaleiros asociados a Ahituvi
repartirán gratuitamente entre os seus clientes 800 narices de pallaso.
Ademais, entre a medianoite e as 2.30 horas haberá dúas maquilladoras percorrendo
as zonas de copas de Vilagarcía que se encargarán de caracterizar a todo aquel
que o desexe ao fin de poñerlle un pouco
máis de cor e ambiente á noite.
Concursantes
Os participantes nas modalidades
individual, parellas e grupos deberán presentarse
na explanada do Auditorio entre ás 00.00 e as 02.00 horas, para anotarse, seren
fotografados e recibir un número de identificación.
Alí estará instalado un set con figuras e
decoración circense, todo elo cedido para esta ocasión pola ANPA do Vagalume.
O concurso contará ademais cun premio para o
local hostaleiro mellor ambientado, para o que se valorará tanto a súa
decoración como o vestiario dos camareiros
O xurado (composto por un representante do
Concello, outro de Ahituvi e outro de Zona Aberta) visitará na noite do sábado
os locais hostaleiros previamente inscritos no concurso. Posteriormente reunirase
o martes e resolverá o concurso en todas as súas categorías.
Os premios, segundo as diferentes
categorías, consistirán en:
- Grupo: 600 € en metálico.
- Parella: Sesión de spá, cea romántica e noite de hotel para dúas persoas
- Individual: 150 € en vales de compra de Zona Aberta.
- Local hostaleiro mellor ambientación: 300 € en metálico.