luns, 16 de maio de 2016
martes, 3 de maio de 2016
FESTA DOS MAIOS
Despois de toda a
fin de semana de moito traballo, puidemos gozar dunha mañá de domingo de moita
festa e diversión.
E non poderiamos
deixar pasar esta ocasión para agradecer a toda a xente que colaborou na elaboración
dos maios e participou cantando as coplas.
MOITAS GRAZAS A
TOD@S!!
luns, 28 de marzo de 2016
INFORMACIÓN SOBRE XORNADAS DA IGUALDADE E O DIA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO
Remitimosvos información sobre uns cursos de igualdade na educación que se celebrán en Vigo e tamén do día internacional de concienciación do autismo que celebra a asociación Bata en Vilagarcia. Para máis infomación nos propios folletos teñen indicacións de adonde dirixirse, un saludo.
luns, 22 de febreiro de 2016
ENTROIDO DE VILAGARCIA DE AROUSA
Dende o ANPA queremos agradecervos o esforzo de todos os que participaron, pais, nais, profesoras, colaboradores do ANPA, exvagalumiños e en xeral a todos que alí estiveron.
Disfrutamos moito e esperamos que vos tamén e ademáis o tempo acompañounos.
E ademáis GAÑAMOS O SEGUNDO PREMIO O GRUPO INFANTIL
xoves, 18 de febreiro de 2016
DESFILE DE ENTROIDO VILAGARCÍA DE AROUSA
Tras dous aprazamentos, e sempre que a choiva no lo permita, este
domingo día 21 de Febreiro participaremos no desfile de entroido que se
celebrará en Vilagarcía.
Recordámosvos que o desfile arranca ás 17:00 dende a rúa Alexandre Bóveda. Vémonos alí a partir das 16:00 para irnos organizando.
NON FALTEDES …….
Recordámosvos que o desfile arranca ás 17:00 dende a rúa Alexandre Bóveda. Vémonos alí a partir das 16:00 para irnos organizando.
NON FALTEDES …….
"COLEBORANDO", CHARLAS DE ORIENTACIÓN PARA FAMILIAS E EDUCADORES
Desde a Concellería de Educación queremos informarlles de que esta mañá
deixamos nos centros escolares dos vosos fillos/fillas uns carteis
acerca dunhas “Charlas de orientación para familias e educadores”, ás
que vos queremos invitar e posiblemente dar resposta a algunhas
cuestións referentes á educación, máis alá do estritamente académico.
Tal e como reza no cartel, que tamén adxuntamos, serán a vindeira semana na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal:
- Luns 22 de febreiro ás 20:30: Redes sociais e novas tecnoloxías en xeral.
- Martes 23 de febreiro ás 20:00: Acoso escolar
- Mércores 24 de febreiro ás 20:00: Plans de convivencia
Todas as charlas serán impartidas por profesionais de cada unha das materias.
Pretendemos organizar outras charlas para máis adiante con outros temas diferentes que seguro que tamén serán do voso interese.
Así pois, pregamos a maior difusión e a vosa asistencia.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden chamar ao número de teléfono 986099200 extensión 214.

luns, 15 de febreiro de 2016
O DESFILE DO ENTROIDO DE VILAGARCIA CELEBRARASE O DOMINGO 21/02/2016
O desfile concurso de disfraces e carrozas de Vilagarcía celebrarase definitivamente o vindeiro domingo, 21 de febreiro.
Esperámosvos ÁS 16:00, en Alexandre Bóveda O DESFILE ARRANCA ÁS 17:00.
DIFUNDIDE A MENSAXE. Gracias e Saúdos.
http://www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=8847
sábado, 13 de febreiro de 2016
CARNAVAL DE CUNTIS, O POBOADO ESQUIMÓ LEVA O PRIMEIRO PREMIO
Felicidades a tod@s os valentes que nos acompañaron no desfile de
Entroido de Cuntis, grazas a tod@s conseguimos tamén o primeiro premio
das comparsas.
Manterémosvos informados dos seguintes desfiles
FELICIDADES, NORABOA ÓS VAGALUMIÑOS E COLABORADORES POR CONSEGUIR ESTE FANTASTICO PREMIO
Manterémosvos informados dos seguintes desfiles
FELICIDADES, NORABOA ÓS VAGALUMIÑOS E COLABORADORES POR CONSEGUIR ESTE FANTASTICO PREMIO
venres, 12 de febreiro de 2016
DESFILES DE ENTROIDO DE ESTA FIN DE SEMANA
Boa tarde:
Sentimos comunicarvos que QUEDA APRAZADO O DESFILE DE ENTROIDO DE VILAGARCIA DE AROUSA E O CONCELLO DE PADRÓN ANULOUNO DEBIDO Á MALA PREVISION METEOROLÓXICA. Seguramente O LUNS o Concello de Vilagarcía comunique o día no que se celebrará.
Polo que este SABADO 13/02/2016, participaremos no desfile de Cuntis, xa que o fan nunha carpa cuberta. O desfile sale ás 16:00 pero quedaremos ás15:15-15:30.
Os que queirades acompañarnos seredes benvidos, quedamos xunto o Centro Médico de Cuntis (Lugar do Entroido).
Manterémosvos informados.
DIFUNDIDE A MENSAXE. Gracias e Saúdos.
luns, 8 de febreiro de 2016
DOMINGO (14/02) - NOVA DATA DO DESFILE DE ENTROIDO DE VILAGARCIA
O desfile de Entroido aprázase ao Domingo de Piñata ante a previsión de choiva e fortes ventos
A celebración do desfile concurso de disfraces de Vilagarcía trasládase ao vindeiro domingo, 14 de febreiro, debido a alta probabilidade de choiva existente para a tarde de mañá, Martes de Entroido. O programa do multitudinario evento manterase por completo, coa única variación da data.
Noticia do Concello
CARNAVAL DE CALDAS DE REIS
Onte pasámolo en grande no desfile de entroido de Caldas de Reis.
Dende o ANPA queremos agradecervos o esforzo de todos os que participaron, pais, nais, profesoras, colaboradores do ANPA, exvagalumiños e en xeral a todos que alí estiveron, inda que nos últimos minutos choveunos un pouco ó final foi xenial e os peques e os non tan peques o disfrutaron moito.

E ademáis GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO O GRUPO INFANTIL
e SEGUNDO PREMIO DAS CARROZAS
¡¡¡NORABOA E GRAZAS A TODOS!!!
xoves, 7 de xaneiro de 2016
ENTROIDO - REUNIÓN ANPA
Outro ano mais no que se acerca o Entroido e nós xa estamos a traballar para a participación dos nosos nenos nos desfiles que se levan a cabo no noso concello e nalgún concello limítrofe (Caldas de Reis e Padrón).
Por iso esperámosvos este VENRES 8 de Xaneiro as 13:00 h no salón do colexio para explicarvos a idea na que estamos a traballar e escoitar as vosas suxerencias.
Lembrámosvos que os que inda non sodes socios do Anpa, estades a tempo, poñédevos en contacto con calquera membro da Directiva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)