Desde a Concellería de Educación queremos informarlles de que esta mañá
deixamos nos centros escolares dos vosos fillos/fillas uns carteis
acerca dunhas “Charlas de orientación para familias e educadores”, ás
que vos queremos invitar e posiblemente dar resposta a algunhas
cuestións referentes á educación, máis alá do estritamente académico.
Tal e como reza no cartel, que tamén adxuntamos, serán a vindeira semana na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal:
- Luns 22 de febreiro ás 20:30: Redes sociais e novas tecnoloxías en xeral.
- Martes 23 de febreiro ás 20:00: Acoso escolar
- Mércores 24 de febreiro ás 20:00: Plans de convivencia
Todas as charlas serán impartidas por profesionais de cada unha das materias.
Pretendemos organizar outras charlas para máis adiante con outros temas diferentes que seguro que tamén serán do voso interese.
Así pois, pregamos a maior difusión e a vosa asistencia.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden
chamar ao número de teléfono 986099200 extensión 214.