Nota do cole:
O próximo Xoves 30 de Abril celebraremos na escola o día dos Maios. Para iso, confeccionaremos entre todos un maio e cantaremos unhas coplas. para poder elaborar o noso maio precisamos que aportedes: laranxas pequeñas, limóns, fiuncho, margaridas, calas ou cartuchos e outras flores, follas de camelia ou outra clase de textura dura, palla, follas de millo, ovos cucados lavados, cocos de carballo e eucalipto, ...
TODO O QUE QUEIRADES TRAER DEBEREDES TRAELO Á ESCOLA O PROPIO DIA 30.
Nota da ANPA:
Lembrámosvos que o vindeiro VENRES 1 DE MAIO ÁS 11:30 vémonos na praza da peixería para a celebración dos maios. Rogámosvos puntualidade.
Despois de que suban a cantar os nosos peques a súa canción, tódolos que queirades poderedes subir con nós a cantar unha segunda canción (se non dispoñedes da letra podedes pedila a calquera membro da xunta directiva da anpa).
Tódolos nenos vagalumiños virán vestidos de velliños, e os pais, irmáns dos vagalumiños... que se animen a subir a cantar deberán vir con pantalón ou falda vaquera e camisa branca.
A continuación e se o tempo o permite, faremos unha quedada ou romaría no piñeiral da Praia da Concha, onde os nenos xogarán libremente. (Cada un levará o seu xantar).
Xa por último lembrarvos que os XOVES DIA 30 a partires das 17:30, estaremos a traballar no colexio na elaboración dos Maios que imos presentar, e agradecemos a vosa colaboración.
mércores, 29 de abril de 2015
domingo, 26 de abril de 2015
A VENDA DE XULIA
Aquí tedes un dos traballos feitos no Vagalume para Premio de Igualdade que organiza o concello. Mirade que bonito é!!!
https://www.youtube.com/watch?v=lki-0aG5uh8&feature=youtube_gdata_player
https://www.youtube.com/watch?v=lki-0aG5uh8&feature=youtube_gdata_player
venres, 24 de abril de 2015
sábado, 11 de abril de 2015
HOXE QUEDAMOS NO COLE!!!
Lembrade que hoxe iremos ao cole a facer parte de traballo para o Premio de Igualdade. Estaremos a partires das 17:30.
Esperámosvos!!!!
Esperámosvos!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)